jueves, 31 de marzo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Como tódolos anos o día 2 de abril chega o día Internacional do libro Infantil e Xuvenil, e desde este foro queremos darlle as grazas a tódolos pais e nais que responderon a nosa convocatoria de "Leelle un libro aos teus fillos" e van vir mañán ao cole. Agora que tede coidado que mañán tamén e 1 de Abril, o "día dos Santos Inocentes" galego, e xa sabedes... "O 1 de Abril van os burros onde non deben de ir", coidado con a onde vos mandan, Elexiuse este día para celebrar o día do libro Infantil porque coincide coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen; este ano o cartel oficial do día tocoullo diseñar a Estonia.


INAUGURACIÓN OFICIAL DA BIBLIOTEGRIÑA

Agora si que podemos dicir de verdade que inauguramos oficialmente o blogue da nosa Biblioteca. E para elo fomos visitar ao seu colexio ao creador da nosa mascota "O Libriño". Está visto co tempo non pasa en balde, como medran os nosos rapaces, pensar que cando Elías creou o noso emblema pouco mais era ca el...

ROSAS NEGRAS

Ese buraco do inferno ao que os irmáns Trigo facían referencia no seu cómic calquer mariñeiro das Rías de Vigo ou Pontevedra sabe do seu paradeiro na illa de Ons e da súa perigosidade. Da illa de Ons vennos esta curiosa peza tradicional con ritmo de tango ao que no seu mais recente disco Mimá! o grupo "Fiandola" engadiulle a letra do poema de Rosalía de Castro "Castellanos de Castilla".



Rosas negras - Mimá! from fiandola on Vimeo.

O BURATO DO INFERNO

Seguindo coa actualidade do cómic en galego, salientar unha das mellores obras dos últimos tempos "O burato do Inferno" obra dos irmáns Trigo. Parece se ca idea orixinal era un guión para unha película (que boa película daría), mais rematou sendo o mais parecido a unha película que sobre o papel se podía fabricar, un espléndido comic. Unha historia negra, que como lin por algures, aínda resalta mais o estilo expresionista do polifacético Ramón Trigo, debedor nesta obra tanto do cine expresionista alemán como das sombras do mais clásico Spirit de Will Eisner. Outro magnífico traballo gráfico, nun medio onde se sinte como peixe na auga, do Trigo que inda por riba ten a cortesía de cedernos un magnífico animation icomic que non desmerece en nada ao de calquer outro debuxante galego por moito que se chame MiguelAnxo, ou Pepe, ou....

video

miércoles, 30 de marzo de 2011

COMICS EN BIBLIOTEGRIÑA

Quizais non son o material mais solicitado polos nenos na nosa biblioteca, pero de entre todo o material co que podedes disfrutar nela están estes poucos cómics.

VAGALUME

Cando non existía na nosa Comunidade nada parecido, un grupo de xente concienciado coa súa cultura e a súa lingua, botáronse de cabeza a un mundo dominado polas grandes editoriais catalanas do comic que publicaban en lingua castelá. E agora que sae Fiz desde o noso blogue non podemos menos que recoñecer o mérito daqueles pioneiros.



E para que teñades un exemplo de que clase de traballo desenrolaba esta xente dous exemplos de historietas:



CHEGA FIZ

Ao calor de Retranca nace Fiz unha revista pensada para nenos que se publicará tanto en galego como en castelán. A publicación quere aproveitar o éxito do neno que debuxó Kiko da Silva dentro da revista Golfiño a partires do ano 2002. A revista Fiz (un dos nenos más cochos do mundo) capitaneada polo seu creador Kiko da Silva contará coa participación de artistas como Mel, Monteys, Kohell, José Domingo, Alex Fuentes, Jali e moitos outros. Unha aposta forte nun mudo que pasou de ter en todo o territorio español unha ampla tradición, con escolas de debuxantes en Valencia e Barcelona, ata case que desaparecer a mediados dos anos 80, coa desaparición das grandes editoriais do ramo. Desexámosvos MOITA SORTE e LONGA VIDA a FIZ nesta andaina no proceloso mundo dos tebeos




Algunhas das persoaxes que van aparecer na nova revista:
E mentres ten lugar este nacemento o autor galego Miguel Anxo Prado co seu cómic iMotion Comic®, "Meigas" da colección "Quotidianía Delirante", chegou ao primeiro posto en descargas na sección "Libros- gratuítos" das App Store España, tras estar varias semanas no top ten.


lunes, 28 de marzo de 2011

MUNDO LOIS

MUNDO LOIS xorde da idea de Antón Reixa, amigo persoal do autor Lois Pereiro. de elaborar un espectáculo escénico cun importante peso audiovisual que universalice, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética de Lois.

LOIS PEREIRO: DOCUMENTAIS

Como tódolos anos, dende o CPI de Dices no concello de Rois elaboran un estupendo traballo documental en video sobre a figura á que lle adican o día das Letras Galegas.

CUIDADO COM A LINGUA

Este documental danos a oportunidade de poder ver cales son as opinións que dende un pobo como o portugués, co que compartimos non só raíces lingüísticas senón históricas, teñen de Galicia e do idioma galego. Ao documental podenselle poñer tódolos peros que un queira: "que se está realizado dende unha visión moi lisboeta da lingua portuguesa e por iso moi normativa", "que se ao igual co galego existen outras formas dialectais no portugués " "que se no Norte de Portugal esas diferenzas que apuntan no video entre o b e o v non existen"... A pesares de todo iso o documental da RTP compre perfectamente a súa tarefa documental, que é nin mais nin menos que a visión que en gran parte de Portugal se ten dos avoíños da lusofonía, nós, os galegos e a nosa lingua. Mais xa se sabe os fillos superan sempre aos pais.

NÁUFRAGO DO PARAÍSO

"Náufrago do Paraiso" é a biografía novelada, acompañada dunha pequena Antoloxía e material fotográfico, que realizou Marcos Calveiro sobre o poeta Lois Pereiro a quen hogano se lle dedica o día das Letras Galega. É este un libro imprescindible para, parafraseando ao autor do libro, "construir" a Lois Pereiro e o seu cosmos poético. "Náufrago do Paraíso" é ademais un libro estructurado en intres, nos pequenos intres dunha vida que definen ao home e o que é mais ao poeta.


Abríranse dúas portas en direccións opostas
e escollín a que abría cara á vida
co sol entrando a eito polas fiestras.
Tería que reanudarme
e regresar á miña propia vida
sen contaxiarme outra vez de min mesmo.
Retocaría o guión
e mudaría outra vez de personaxe
retomando a perdida
aprendizaxe. (Lois Pereiro)

GALINGUA

Ferramenta creada pola Xunta para a aprendizaxe do galego dende aquí ou dende calquera lingua partindo do nivel cero de coñecementos. Un método secuenciado, ordenado e programado progresivamente para que as persoas que o utilicen, sexan adultos ou nenos, poidan ir aprendendo por si mesmos, sen máis axudas cás que o propio programa proporciona. Conta cunha interesante interface gráfica onde distintas personaxes te guían a un coñecemento mais profundo do galego, que a todos nos fai boa falta. O único pero que se lle pode poñer é que non sexa un servizo online, hai que descargalo, gravalo nun Cd e voilá! Dende este post, que dobraremos na páxina da Biblioteca (aínda en construción), enlazarémosvos coa descarga; e máis permanentemente aparecerá como recurso en galego tanto nun blog como no outro.

Facede click enriba da imaxe e terás aceso direto á descarga.


foto

martes, 22 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DO AUGA

Inda que nós temos unha enchente dela, para moita xente é un auténtico tesouro. Moitos teñen que andar kilómetros para atopar auga potable, por iso temos que ser conscientes da sorte que temos e procurar non estragala.

Na nosa Biblioteca temos este libro da editorial Sotelo Blanco que dentro da Coleción "Contos para Crecer" esta adicado enteramente a auga e que os nenos de 5 anos vos leen.



O CUCO CUQUEIRO

Volta a Primavera a Galicia e con ela voltan moitas aves que durante o inverno estiveron afastadas das nosas terras por mor do frío. O cuco é iso, un paxaro moi cuco, que ten o costume de poñer os seus ovos nos niños doutros paxaros mais pequenos para que lle coiden as súas crías, mentres el se desentende.
Pero ademais é unha fermosa canción do cantautor xa falecido, Suso Vaamonde sobre texto do gran poeta chairego Manuel María. A mellor versión do tema, ao meu gusto, é esta grabada en directo aquí ao ladiño, en Moaña, vai unha porrada de anos, no desaparecido cine-teatro Veiga. Alí Vaamonde rodeábase da frol e nata da música galega daquela (Fuxan os Ventos, Pilocha...) para crear un disco en directo imprescindible.



sábado, 19 de marzo de 2011

CONTOS QUE LEN OUTROS NENOS DO MUNDO

Unha interesante coleción da Editorial A Nosa Terra que da man de Abraham Carreiro nos trae contos de tódolos recunchos do mundo: Namibia, a India, os indios chipewa do Canadá...

OS PELELLIÑOS

Os pelelliños son uns seres máxicos que só os nenos e as nenas poden ver. Poden cambiar de cor e tamén de forma, e góstalles moito xogar

BENVIDOS

Benvidos á páxina da Biblioteca do EEI Monte da Guía¡. Nela atoparédes traballos realizados polos nenos, recomendacións que dende a Biblioteca vos faremos, as novas incorporacións ao noso fondo de Biblioteca....
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...