sábado, 4 de xuño de 2011

O MEU GATO SEGUE SENDO UN POETA

Se botándolle só unha ollada por riba este libro nos pareceu unha auténtica xoia, despois de leelo reafirmámonos na nosa primeira apreciación. Quizabes non tódolos poemas do libro sexan adecuados para os nosos pequenos (o libro ven recomendado para nenos maiores de 8 anos) pero  amosan a mestres e alumnos ca poesía pode ser divertida e un libro pode ser un xoguete cheo de pequenas pezas chamadas palabras, letras ou incluso sons. Os xoguetes que este baúl conten van dende caligramas a poemas visuais, de xogos de palabras as novas tecnoloxías... e de paso como un craro antecedente do 15 M vai deixando recadiños aos políticos de turno que poderían solucionar a crise onde estamos.


CAMBIA O MUNDO
REIVINDICA QUE
@S POLÍTICOS
LEAN POESÍA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...