viernes, 25 de noviembre de 2011

UN LOBO ASÍ DE GRANDE

Título: “UN LOBO ASÍ DE GRANDE”



Sello: Océano Travesía    Colección: Primeras Travesías
Autores: Louis-Lucas, Nathalie / Aertssen, Kristien


         Héctor é un neno que imaxina un lobo detrás da cortina que ten no seu cuarto. Tenta convencer a súa nai que é verdade e xa o creo que o fai. O neno describe a un lobo tremendo, terrorífico, moi fero e real. Preguntádelle aos vosos fillos como remata o conto. ¡Ides alucinar!
Permitirlles aos nenos e nenas contar o que imaxinan é necesario para saber cómo ven o mundo, qué lles gusta ou lles asusta. Esta é una historia divertida que promove esa creatividade fantasiosa. Tamén comparte pequenos remedios para superar un dos medos máis habituais nestas idades. Como todos xa sabedes aos LOBOS encántalles asustar aos nenos e nenas e neste conto descubrimos cómo enfrentarnos a eles e facelos fuxir a toda velocidade...
Ó mellor xa o sabedes polos aullidos, pero a semana pasada e mais esta, temos a escola chea de LOBOS, porque para coñecelos un pouco mellor metímonos na súa pel ¡AUUUUUUUUUUUUUUUU!  



video

lunes, 21 de noviembre de 2011

OBRADOIRO DE CONTOS "PAPEIS ROTOS"

Na biblioteca tamén facemos obradoiros nos que creamos contos. Convertémonos en ilustradores, escritores e encuadernadores.

Neste obradoiro, os nenos e nenas de 5 anos, fixemos un libro de minicontos coa técnica que utiliza VIOLETA MONREAL nos seus libros. Estes chicos e chicas son ¡UNS ARTISTAS!






martes, 15 de noviembre de 2011

Tamén celebramos o 24 de Outubro, O día da Biblioteca

FIXEMOS UN MARCAPÁXINAS
CO DEBUXO DE LIBRIÑO, CONTAMOS O CONTO "AL MONSTRUO LE GUSTAN LOS LIBROS"; E ATA FIXEMOS UNS DISFRACES DE MONSTRUOS!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...