luns, 27 de febreiro de 2012

BIBLIOTECA PARA PEQUES: O Cullarapo Croque


O CULLARAPO CROQUE from A porta verde on Vimeo.

Estamos a falar dun libro de poemas para pequenos, no que o fío condutor entre eles é un precioso cullarapo. Os autores do libro son Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Xuntos mesturan palabras e ilustracións e conseguen achegar, aos pequenos, temas como o respecto aos demais, os soños, o amor, etc. Estamos ante un proxecto cheo de moita ilusión, con fermosísimas poesías e ilustracións moi doces.
Para permitir que este libro de poemas estea pronto nas librarías, ao alcance de todo os nenos e nenas, está en marcha un proxecto de financiamento colectivo. Dende o noso cole, queremos apoiar esta iniciativa literaria. Nos imos participar e os que queirades colaborar podedes facelo a través deste enlace. Nel atoparedes distintas forma de facelo e de xeito moi sinxelo. ¡ANIMÁDEVOS!


Nos estamos seguras de que “O Cullarapo Croque” vai ser un éxito.


mércores, 1 de febreiro de 2012

De Lois Pereiro a Paz Andrade

Actualizando o blogue co novo persoeiro das Letras deste ano, publicamos aquí este audio de Lois Pereiro para que non vos esquezades.
Como sabedes, as Letras 2012 adícanse a VALENTÍN PAZ ANDRADE, polo que xa iremos preparando cousiñas sobre a súa figura.

Lois
: En Lisboa en Sligo Dublín :
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...