venres, 30 de marzo de 2012

Nova sesión de Contacontos: Garbancito!

O martes veu o papá de Pablo a contarnos o conto de Garbancito...Estivemos atentísimos! as nosas caras dino todo! Fíxonos rir, cantar, bailar...e para rematar botámoslle un montón de bicos e démoslle un súper abrazo! Mirade as fotos!

venres, 23 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA: "PEQUEANUNCIOS.COM PARA RIR UN MONTÓN"

Na clase de cinco anos, estivemos mirando os xornais, adiviñando noticias polas fotos, lendo algúns titulares e decatámonos que na prensa tamén hai anuncios. Por iso, quixemos preparar algúns anuncios e así foi como quedou.

SEMANA DA PRENSA: "ASÍ SE FAI UN XORNALIÑO"

Os nenos e nenas de catro anos estiveron xogando cos xornais, as súas fotos e novas. DEspois vimos un vídeo de como se fai un diario e decidimos facer esta presentación para ensinarvos como se fai un xornal.

SEMANA DA PRENSA: "PEQUENOTICIAS"

Nestes días as nenas e nenos de tres anos estiveron mirando a prensa e, despois de ver moitas noticias , fixeron de reporteiros e contáronnos algunhas.

luns, 19 de marzo de 2012

Contacontos en familia: "El Conuco del señor Conejo"

O venres veu a Mamá de Alan e Nerea, e contounos un conto do que non perdimos detalle; e para rematar, tivemos un regaliño! Todos/as fomos persoaxes do conto!

venres, 9 de marzo de 2012

LIBRIÑO XORNALISTA

Do 12 ao 16 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais, pois imos celebrar a “SEMANA DA PRENSA”. Moitos podedes pensar que para os pequenos é difícil achegarse a este medio tan diverso, pero é posible e moi interesante e importante. Por iso, dende a biblioteca da escola temos preparadas una morea de actividades:
·        Cada ovella coa súa parella: relacionar imaxes e titulares de noticias.
·        O reporteiro mentireiro: recoñecer noticias que son falsas e argumentar por qué.
·        Invención e relaboración de noticias e pequenos xornais por aulas.
·        Pequeanuncios.com para rir un montón: elaboración e gravación de sinxelos anuncios.
·        Participación na séptima edición del concurso escolar Mejor Periodista Infantil y Juvenil, que organiza o xornal “La voz de Galicia”.
Durante unha semana imos traballar como verdadeiros xornalistas e reporteiros. Nestes días, intentaremos mostrar ao alumnado a gran variedade de medios de información que temos, impresos e dixitais, nacionais e doutros países. Achegaremos ao nenos e nenas ás diferentes profesións que fan posible este medio. Así,  comezarán a valorar o traballo que fan estas persoas por manternos informados do que acontece no mundo. Tamén poderán coñecer como se elaboran as noticias que nos ensinan e os recursos que empregan. O fin é fomentar no noso alumnado o gusto pola lectura, a creatividade, o traballo en grupo e sobre todo, promover que sexan mais tolerantes e comecen a desenvolver un sentido crítico cara as noticias e sucesos que vexan, lean ou escoiten.
Para desenvolver estas actividades, familias necesitamos a vosa colaboración. Durante esta semana e ata o luns día 12 mandade polos peques todas as revistas e xornais que teñades por casa: diferentes ideoloxías, temática, idiomas,… Nos sacarémoslle o mellor partido para aprender como nos gusta DIVERTÍNDONOS.








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...