martes, 10 de abril de 2012

PREMIO ALMA DE LITERATURA 2012 (ASTRID LINDGREN MEMORIAL AWARD)


O gañador do Premio Literario ALMA, foi dado a coñecer en Suecia o pasado 8 de abril. Este ano foi para o escritor holandés GUUS KUIJER. Con títulos como Florian, El arte de perderse, Los mayores podrían hacer mejor la sopa, etc. xa se deu a coñecer en infinidade de países e foi traducido a unha morea de idiomas. Este premio recoñece a autores, ilustradores, organizacións, e iniciativas que inciten á lectura. O seu obxectivo é potenciar e aumentar o interese pola literatura infantil e xuvenil en todo o mundo, e fomentar o dereito das nenas e nenos á cultura nun ámbito global. A entrega do premio farase nunha cerimonia ao aire libre no Museo Skansen de Estocolmo, o día 30 de maio.
Este premio naceu no ano 2002, en memoria da muller que nunca resistiu a tentación de trepar ás árbores, ASTRID LINDGREN. Esta muller foi unha das escritoras mais importantes da literatura do século XX. Escribiu mais de 100 obras, que foron traducidas a 86 idiomas. Ronja, El pequeño mío, Miguel el travieso, etc. son algúns dos seus títulos. Con todo, fíxose famosa grazas a Pipi Calzaslargas, unha rapaza de oito anos, co pelo vermello, que protagonizou gran parte da súa creación. Pipi era intrépida e independente e atreveuse a cuestionar o razonamentos dos adultos dos anos 1945. Falamos dunha época na que os nenos y mais as nenas, só tiñan a opción de escoitar e obedecer aos maiores. Nunca esqueceu á nena que levaba dentro e por iso, nunca deixou de loitar polos dereitos dos mais pequenos.
"Una infancia sin libros no sería la infancia en absoluto. Sería como quedar aislado de la tierra encantada, donde la más rara de todas las alegrías se pueden encontrar. " Astrid Lindgren .
Cada ano grazas a este premio recordaremos a vida e obra dunha sueca que o único que pediu para o seu último aniversario foi: «Paz en el mundo y bonitos vestidos». Se queres coñecela un pouco mais:
http://www.astridlindgren.se/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...