xoves, 3 de maio de 2012

APRENDO CON LIBRIÑO: "Historia do Día do libro"

A idea orixinal da celebración do Día do Libro, foi do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, que a propuxo á Cámara Oficial de Barcelona. Pouco despois, no ano 1930, instaurouse a data do 23 de Abril como Día Mundial do Libro. Nesta data, un 23 de abril, morreron os escritores Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare. Por iso, foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO, para renderlles homenaxe aos libros e aos seus autores. Pero tamén, para alentar aos pequenos e novos lectores a descubrir o pracer pola lectura e a respectar a contribución dos creadores destas xoias, que son os libros, a nosa vida e progreso socio-cultural.
Así mesmo, todos os anos a UNESCO designa unha cidade para que desempeñe a función de Capital Mundial del Libro, e faino conxuntamente coas tres organizacións profesionais internacionais do sector do libro e da edición:
  • A Unión Internacional de Editores (UIE).
  • A Federación Internacional de Libreiros (FIL).
  • E a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas (IFLA).
Esta función abrangue dúas celebracións: o Día Mundial do Libro e o Día do Dereito de Autor. Esta iniciativa pon de manifesto a estreita relación entre os principais organismos relacionados co libro, y tamén, o compromiso das cidades na promoción do fomento da lectura, da creatividade literaria e da difusión e promoción da mesma.
Este ano, e despois de Madrid no 2001, Alexandría no 2002, Nova Delhi no 2003, Amberes no 2004, Montreal no 2005, Turín no 2006, Bogotá no 2007, Ámsterdam no 2008, Beirut no 2009, Liubliana no 2010 e Bos Aires no 2011, tocoulle a Ereván, capital de Armenia.
Ereván é Capital Mundial do Libro 2012, pola calidade e variedade do seu programa que abrangue a toda a cadea de protagonistas que xiran ao redor dun libro, dende o seu inicio ata o seu goce. As diferentes propostas que se desenvolverán nesta cidade teñen como obxectivo a promoción e o fomento de libros e lecturas. Terán como especial obxectivo aos nenos e xóvenes, porque os libros son un tesouro de riquezas, axudan a crecer e inculcan o coñecemento dun xeito lúdico e sinxelo. O fin e acercarlles ao mundo literario como lectores, pero tamén como posibles futuros escritores, editores, ilustradores, bibliotecarios,contacontos, etc.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...