mércores, 9 de maio de 2012

MAURICE SENDAK e agora… “ONDE VAN OS MONSTROS”

Onte o mundo da literatura infantil e xuvenil, perdeu a un dos seus grandes MAURICE SENDAK. Foi coñecido por todos e todas, grazas ao seu álbum ilustrado “ONDE VIVEN OS MONSTROS”. Este converteuno nun dos escritores e ilustrador mais prestixioso do mundo enteiro, e con el recibiu unha chea de recoñecementos. Neste álbum, exploraba o complexo mundo das emocións dos pequenos, os seus medos e as fantasías coas que se enfrontan a eles para superalos.
Non foi un escritor infantil convencional, porque ensinou aos pequenos as dobreces da nosa mente, axudándolles a enfrontarse ao lado escuro e ás inquedanzas, dunha forma irónica, pero doce e sinxela. Así demostrou un enorme respecto polo mundo infantil, que o agradeceu e soubo acollelo con moito agarimo.
O longo de moitos anos,MAURICE SENDAK converteuse no rei de todos os educadores, contacontos, bibliotecarios, xente que vive e comparte a literatura infantil. Por iso, hoxe as mestres do noso cole, al igual cos monstros do seu libro, gritamos: por favor non te vaias – comerémoste - querémoste tanto!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...