domingo, 27 de maio de 2012

Obradoiro de marionetas con Eric Carle



Eric Carle é autor e ilustrador de libros infantís, naceu en Siracusa, Nueva York o 25 de xuño de 1929 e foi criado en Alemaña. Xa ilustrou máis de 60 libros, e ten vendido 88 millóns de copias e en diferentes idiomas. É aclamado e amado como o creador de libros de imaxes . O seu amor pola naturales e a súa sensibilidade resulta reconfortante. As súas ilustracións e historias son sempre innovadoras e resultan especialmente atraentes para grandes e sobre todo pequenos.
Gustalle crear coa técnica de collage sobre fondos brancos, utilizando papeis pintados a mano aos que fai cortes e pon capas para dar volume, e crear imaxes alegres e con moita luz. En moitos dos seus libros xoga coas páxinas con troquelados e superposicións como en “unha oruga moi larpeira” e “A xoaniña rosmona”. Noutras obras inclúe transparencias como en “Don Caballito de mar”, sons como en “O grilo silencioso”, etc. Sempre sorprende con orixinalidades que converten os seus albumes en libros para pensar, imaxinar e xogar, e imprimen un selo único ás súas obras. Nos escollemos os seus álbums para levar a cabo un Obradoiro de marionetas e este foi o resultado. Esperamos que vos guste.
Eric segue creando cada día e recibe centos de cartas dos seus admiradores, pequenos e grandes. Iso gústalle moitísimo. Por siso, nos imos mandarlle as nosas adaptacións dos seus contos.
Se queredes coñecelo un pouco mais, esta é a súa web oficial: http://www.eric-carle.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...