lunes, 29 de octubre de 2012

CONTOS PARA LER NO SAMAÍN…

Aquí tedes unha selección de contos por si vos acercades ás librerías ou bibliotecas, nestes días de Samaín e Halloween, para enchernos de medo. Nela podedes atopar como protagonistas a bruxas, monstros, fantasmas, ogros e demais personaxes terroríficos. Atoparedes contos para coñecer que comen, que lles gusta ou non, o que fan, onde viven,… moitas cousas que nos axudarán a combatelos cando se acerquen a nos nestes días de festa louca.
RECOMENDACIONES PARA SAMÍN from maeva on Vimeo.

24 DE OUTUBRO-DÍA DA BIBLIOTECA!!!!!

Nestes día unha morea de actividades enchen todas as bibliotecas do mundo. Todas elas, para que non esquezamos que son lugares máxicos cheos de recursos e posibilidades que nos axudan a coñecer o que nos rodea e a quen nos rodean. Pero tamén, un lugar cheo de ilusións, imposibles, onde caben moitos camiños e posibilidades, onde se fan realidade os soños e se cumplen os desexos. Un lugar de todos e para todos, que nos axuda a medrar dun xeito positivo, solidario e democrático. Dende a nosa nosa biblioteca un pequeno agarimo a todas as bibliotecas do mundo.

jueves, 18 de octubre de 2012

ANTHONY BROWNE E OS SENTIMENTOS.

A editorial Kalandraka preséntanos este álbum escrito e ilustrado por Anthony Browne. Falar de sentimentos axúdanos a coñecer aos nosos pequenos. As veces é difícil contar que nos pon tristes, que nos da medo, que nos sorprende ou asusta, e o mellor é cando contan por que se poñen contentos. Con pequenas rimas xogamos a contar os nosos sentimentos e a descubrir os dos demais.

ANTHONY from maeva on Vimeo.

miércoles, 17 de octubre de 2012

“CONTOS DO MEDIO” NA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

Aquí tedes unha selección de contos por si vos acercades ás librerías ou bibliotecas, nestes días de Samaín e Halloween, para enchernos de medo. Nela podedes atopar como protagonistas a bruxas, monstros, fantasmas, ogros e demais personaxes terroríficos. Atoparedes contos para coñecer que comen, que lles gusta ou non, o que fan, onde viven,… moitas cousas que nos axudarán a combatelos cando se acerquen a nos nestes días dfesta louca. 
 
RECOMENDACIONES PARA SAMÍN from maeva on Vimeo.

lunes, 15 de octubre de 2012

INVENTANDO HISTORIAS…DE CROCODILOS

Co crocodilo de ¡PILÚ PILÚ!, xogamos a dar sustos, fixemos carreiras e non paramos de inventar historias. Gústanos inventar pequenas aventuras que saen das nosas pequenas pero creativas cabeciñas. Aquí tedes algunhas.

PILÚ VIDEO from maeva on Vimeo.

OBRADOIRO DE MARIONETAS DE PAPEL: ¡PILÚ PILÚ!

Para o primeiro obradoiro de marionetas, un precioso conto de OQO Editora. En ¡PILÚ PILÚ! Susanna Isern e Katharina Siegescrito ensínannos a simbiose que existe entre animais tan distintos. Na realidade é así, por iso, o chorlito exipcio axuda a o crocodilo, límpalle os dentes e co seu trino avísao de perigos. Con todo, gústannos moito os crocodilos e fixemos un para nos. Primeiro debuxámolo, para ver como é e logo fixemos as formas para o corpo, as patas e o mais difícil, unha boca que se abrira. Tamén pensamos en como facer os dentes e os picos do lombo… ¡con boliñas de papel! E aquí os tedes.

PILÚ PILÚ from maeva on Vimeo.

miércoles, 10 de octubre de 2012

PREMIO LABOR EDITORIAL CULTURAL 2012: " EDITORIAL KALANDRAKA"

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de concederlle a KALANDRAKA o Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural 2012 polo “compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a adicación a xéneros máis complexos como a poesía”, calificando a editorial como “un referente en España e no estranxeiro”. É a primeira vez que unha editorial especializada en Literatura Infantil e Xuvenil recibe este galardón.
PREMIO KALANDRAKA from maeva on Vimeo.
Kalandraka iniciou a súa traxectoria editorial o 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- de 1998. O panorama da edición en galego presentaba, daquela, algunhas eivas: o álbum infantil ilustrado, de gran tradición e prestixio noutros países europeos, era inexistente en Galicia. Kalandraka apostou decididamente por ese formato para ofrecerlles aos lectores uns libros diferentes, atractivos e enriquecedores. Xurdiron entón as primeiras adaptacións de contos tradicionais, iniciouse ao mesmo tempo unha liña de recuperación dos clásicos da literatura infantil de todos os tempos, e empezaron a publicarse obras de nova creación para promocionar o traballo da canteira de autores e ilustradores emerxentes. Nacían os Libros para Soñar. Dende o primeiro momento, a animación á lectura foi outro dos piares básicos de Kalandraka, ante a certeza de que os libros son o alimento da imaxinación e contribúen a espertar nos nenos a curiosidade e o enxeño, a educalos a nivel afectivo, estético e visual. Así, as sesións de contos e música de Kalandraka percorren escolas, bibliotecas e librarías, transportando e transmitindo a maxia que posúen os libros. O público, a crítica e as institucións tiveron unha receptividade satisfactoria cara á produción editorial de Kalandraka, premiando algunhas obras que hoxe en día ocupan un lugar destacado no catálogo: “O coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999), “Onde perdeu Lúa a risa?” (1º Premio Nacional de Ilustración 2001), “Avós” (Premio Llibreter 2003), “A verdadeira historia de Carapuchiña” (Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005), “O león Kandinga” (Premio Fundación CJ de Cultura de Corea 2009), “Dióxenes” (3º Premio Nacional de Edición Infantil-Xuvenil 2010), “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados” (3º Premio Nacional de Edición en Arte 2010). Diversos libros foron incluidos tamén en acreditadas seleccións, como a Lista de Honra da Organización Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (IBBY), The White Ravens da Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich, Os Mellores Libros para Nenos do Banco do Libro de Venezuela, Os Máis da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, ou os Planos Nacionais de Lectura de Portugal, México, Chile ou Arxentina. Outra faceta destacada é a proxección internacional de Kalandraka, a través da tradución de libros a outras linguas (inglés, francés, alemán, coreano, xaponés, chinés), a participación nas feiras máis destacadas do sector (Boloña, Frankfurt, Nova York, Bos Aires, Guadalajara-México), e a implantación de Kalandraka en Portugal, Italia, México e Brasil. Co tempo, Kalandraka consolidou o seu carácter plurilingüe: edítanse libros en galego, castelán, catalán (en co-edición con Hipòtesi), eúscaro (en co-edición con Pamiela), portugués, italiano e inglés. En colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago, Kalandraka convoca anualmente o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Asimesmo, xunto coa Concellería de Educación de Orihuela, tamén convoca o Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos, que se publica a través do selo Faktoría K de Libros. Cunha esmerada concepción do traballo en equipo, cun fondo compromiso coa cultura, e cun contacto permanente cos lectores, Kalandraka enfoca o futuro coa expectativa de seguir facendo libros que seduzan e perduren no tempo.

martes, 9 de octubre de 2012

“BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS”: COÑECENDO E COMPARTINDO.

Na nosa cidade temos recursos moi interesantes que queremos aproveitar. Por ese motivo, fixémonos socios da Biblioteca Xosé Neira Vilas. Alí atopamos maletas cheas de sorpresas, contos que nos non temos, DVDs, xogos, actividades para visitas e moito mais que non queremos que perdan os nosos nenos e nenas. Dende o cole animámosvos a visitar este marabilloso espazo cultural e de lecer que temos na nosa cidade. Nesta biblioteca organizan unha chea de actividades para os pequenos fora do horario escolar e nas fins de semana. Son gratuítas e moi divertidas, entre elas: os sabadiños de Roque, contacontos, obradoiros de arte, shows con música, etc.

BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS from maeva on Vimeo.

lunes, 8 de octubre de 2012

"EL BOOGIE DE LOS CULITOS"

Este é un precioso título da Editorial SM, escrito e ilustrado polo famoso Guido Van Genechten. Con este álbum ilustrado estivemos lembrando as cousas tan divertidas que facemos cos nosos pais e as nosas nais, aos que votamos moito de menos na escola, e mais nestes días de comezo de curso. Despois estivemos bailando o BOOGIE BOOGIE e non se nos deu nada mal. Comprobádelo vos mesmos…

EL BOOGIE DE LOS CULITOS from maeva on Vimeo.

martes, 2 de octubre de 2012

"El trapito de Ioké": Os obxectos de apego.

A Editorial EDELVIVES, preséntanos un precioso libro escrito e ilustrado por Nathalie Dieterlé. “EL TRAPITO DE IYOKÉ” acércanos ao mundo dos obxectos de apego dos nosos pequenos e pequenas. Iyoké un día perde o seu, e na súa busca, ensínanos cousas da súa cultura, xentes, animais e obxectos de África. Na escola xogamos a desaparecer e aparecer co noso trapiño, e tamén, lembramos aos xoguetes que nos agardan na casa, que dormen con nos, que sempre están con nós…

EL TRAPITO DE IYOKÉ from maeva on Vimeo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...