jueves, 29 de noviembre de 2012

AQUÍ TEDES A OFERTA DE VIGOCULTURA PARA O NADAL. IDE RESERVANDO QUE MERECE A PENA.

Atención familias, a Concellería de Cultura e Festas, ante o éxito de demanda do programa VIGOCULTURA para público familiar, decidiu ampliar a oferta de espectáculos no mes de decembro no Auditorio Municipal do Concello, e son os seguintes:
Os prezos son de 3 EUR para os menores de 12 anos e 5 EUR a partir desta idade. As entradas xa se poden adquirir en www.servinova.com, por teléfono no 902504500, ou na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26). Podedes facelo de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, e sábados de 10 a 13 horas. As entradas que non se vendan anticipadamente, de as houber, se porán á venda na taquilla do Auditorio o mesmo día a partir dunha hora antes de cada función. ANIMÁDEVOS!!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 27 de noviembre de 2012

O PADRIÑO DA NOSA BIBLIO,RAMÓN TRIGO GAÑA O PREMIO LAZARILLO 2012 DE ÁLBUM ILUSTRADO.

Na nosa biblio estámos de festa,contentos porque o noso padriño, Ramón Trigo, acaba de recibir o Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado. Trátase dun premio moi importante que convoca anualmente a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil). O álbum titúlase LEVIATÁN e, segundo o xurado, foi premiado porque emprega «unha proposta pictórica moi persoal e unha magnífica combinación de texto e imaxes contundentes». O premio tamén destaca a orixinalidade da proposta e a capacidade de crear unha historia anovadora con referencias clásicas. A entrega terá lugar o día 17 de decembro no marco do Salón del Libro Infantil y Juvenil de Madrid. NORABOA RAMÓN!!!!!!!!!!!!!!

domingo, 25 de noviembre de 2012

A CAMPAÑA “IMPÓRTANOS” AGASALLOUNOS CUNHA CHEA DE CONTOS DA MAN DA ACTRIZ DE TEATRO E MARAVILLOSA CONTANCOTOS BEA CAMPOS.

O pasado xoves a Campaña IMPÓRTANOS do concello de Vigo, na que participamos, trouxo a nosa escola unha chea de contos da man da actriz de teatro e sobre todo, contacontos, BEA CAMPOS. XAIME E AS LANDRAS, O POLIÑO DA ABELEIRA, PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO E BAILAR NAS NUBES, todos eles da Editorial Kalandraka, ensináronos unha vez máis que os contos son un dos mellores recursos para ensinar e aprender. Nesta ocasión,queren fomentar a convivencia, a solidariedade e a xustiza entre os nosos pequenos e pequenas. MIL GRAZAS BEA, pasámolo xenial!!!! por iso... non queriamos que te foras da escola.

CAMPAÑA IMPÓRTANOS: BEA CAMPOS from maeva on Vimeo.

CAMBIAMOS OS LIBROS DE EMPRÉSTITO NA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS.

Libriño e a profe Elena visitamos a biblioteca Xosé Neira Vilas, para cambiar os libros de empréstito e trouxemos una chea deles que aínda non coñecemos. Seguro que gardan historias coas que imos pasalo moi ben.

BIBLIO XN 2 from maeva on Vimeo.

sábado, 24 de noviembre de 2012

CO PLAMBE, ADIANTANSE OS REIS MAGOS…

Co PLAME (Plan de Mellora de Bibliotecas escolares) que nos concederon para este ano, adiántanse os Reis Magos. Unha das partidas do presuposto que se nos adxudicou, é para equipos informáticos, e por iso, mercamos estes iPads. Consideramos que é un recurso que nos vai permitir acceder a moitas ferramentas educativas de maneira divertida e traballar cunha chea de posibilidades nas bibliotecas de aula, na biblioteca de familias e na biblioteca da escola. A profe Marta, a nosa experta en TICS, está traballando neles para poñelos ao día. Tamén vai darnos un cursiño a todas a profes para sacarlles o máximo rendemento e poder seguir o ritmo dos nosos nenos e nenas, que xa nacen sendo uns expertos no seu manexo.

viernes, 23 de noviembre de 2012

FIN DE SEMANA DE TEMPORAL, QUE FACEMOS? AQUÍ TEDES ALGUNHAS IDEAS.

Aquí tedes unhas actividades para este finde que ameaza temporal. SÁBADO 24 DE NOVEMBRO, na Biblioteca Pública Central “Os sábados, conto” ás 12:00. Este sábado o título é ”Teño medo as alturas” con Fátima Fernández. Duración 1 hora. VENRES E SÁBADO 23 E 24, na 1ª planta do Centro Comercial A Laxe, espectáculo de teatro, maxia e contacontos “Fadateca, escola de fadas”. De 17:00 a 19:30. VENRES 24, “Grillos y Luciérnagas” no Teatro Municipal de Tui. Qué pasa cando se espierta a noite? Un mundo fantástico de verdade e misterio. Esta obra teatral da Machina Teatro fai referencia ás luces e os sonidos da noite e é un debuxo teatral, un xogo poético. Será ás 20:00 e a direción é c/Colón, 2, Tui. O prezo son 2€ persoa.

viernes, 16 de noviembre de 2012

MAMÁ CABRA ESTARÁ HOXE VENRES 16 EN TUI

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Hoxe 16 de Novembro fará o espectáculo Ola ola la! no Concello de Tui, na Praza do Concello, 1. Entradas: 2€, 3€. Horario: 20:00. Disfrutaredes de unha morea de cancións para concienciar ós máis pequenos da importancia de comer ben, de respectar o meio ambiente, da amizade... e como non, pasalo ben. Ola ola la! ven de encher todo los auditorios galegos polos que xirou no 2011. Próximamente estarán en Vigo para presentar o seu último tamaño. ¡Animádevos!

jueves, 15 de noviembre de 2012

ESTA FIN DE SEMANA A LIBRERÍA “LIBROS PARA SOÑAR” DO CASCO VELLO, ANÍMATE A VESTIR DE CONTO...

Mañá venres día 16, a partir das 18:30 na libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo,noc asco vello, celebrarase a presentación pública de CASA K, unha nova marca galega de roupa infantil. O acto de lanzamento da Colección Outono-Inverno 2012 contará coa presenza do astista plástico Óscar Villán, autor das imaxes que ilustran os libros titulados “O coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999) e “A cebra Camila”, nos que se basean os estampados de camisetas e pixamas para nenos e nenas de 2 a 6 anos. Na presentación realizarase unha sesión de contacontos e un obradoiro infantil de plástica creativa. Animádevos a levar aos pequenos!.

A Campaña Impórtanos! oferta TEATRO GRATUITO en VIGO.

Este ano, a nosa escola está a participar na “Campaña Impórtanos!” do Consello Municipal da Cooperación do Concello de Vigo. Dentro das súas actividades fora das escolas , convídannos a TEATRO GRATUITO para escolares e familias. Será a cargo da compañía "A Tropa de Trapo" o sábado 17 de novembro. Haberá dúas sesións ás 17:00 e ás 18:30, no Auditorio do Concello de Vigo. Dende a escola, animámosvos. Merece a pena moitísimo!!!!!!!!!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

UN ELEFANTE SE BALANCEABA ¿CANCIÓN, CONTO OU XOGO?

Para os máis peques da nosa escola, este conto da colección Luciérnaga da Editorial Edelvives, resultou moi divertido. A clásica canción faise conto, a tea é un obxecto de xogo que se enche de amigos moi diferentes e as arañas non son tan malas como parecen… Aquí podedes ver como xogamos nos.

EL ELEFANTE SE BALANCEABA from maeva on Vimeo.

PARTICIPAMOS NAS "IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA".

A pasada fin de semana, os días 9 e 10 de novembro participamos nas IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Baixo o lema “LER PARA VER”, un enorme colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos, xutámonos no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Para nos, aínda que votamos en falta máis experiencias de educación infantil, foi moi interesante coñecer diferentes experiencias doutros compañeiros en activo, que nos dan ideas para seguir mellorando no noso traballo, na nosa biblioteca.

domingo, 11 de noviembre de 2012

RIMAS EMBRUXADAS PARA SAMAÍN

Aproveitando a data de Samaín, fixemos este obradoiro de papeis rotos para crear bruxas e bruxos de cores. E logo, a inventar una rima embruxada para presentalos. A verdade e que temos cantera para futuros poetas e poetisas...Mirade!!!

BRUXAS DE 5 AÑOS from maeva on Vimeo.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

ÑAM: ¿CÓMO É O TEU MONSTRO?

Este conto da editorial SM preséntanos una historia terrible, onde un monstro come alcaldes, policías, etc. Ata que atopa a Irene, unha nena que saca o mostro bo que o terrible ÑAM leva dentro. Isto axudounos a falar de como son nosos monstros.

MONSTRUOS 4 AÑOS from maeva on Vimeo.

CONTACONTOS CON RAMÓN TRIGO

Este Samaín tivemos a visita do padriño da nosa biblioteca, o ilustrador Ramón Trigo. Con axuda de dous terroríficos axudantes, contounos o conto dun vampiro moi especial...para votar unha man na nosa semana de medo.
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Create a digital scrapbooking design
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...