xoves, 31 de xaneiro de 2013

xoves, 24 de xaneiro de 2013

ASÍ XOGAMOS CON "OUTRO LIBRO".

Estes días, na biblioteca, estivemos gozando coa caixa de circuliños de "OUTRO LIBRO", a adaptación que fixen da obra mestra de Hervé Tullet "UN LIBRO" e pasámolo moi ben xogando. Descubrimos que hay libros diferentes, que non contan historias, pero que nos falan e nos piden que fagamos unha chea de cousas moi divertidas. Mirade!
NOTIÑA: Todos os videos de Kizoa teñen son, por defecto son se escoita. Para facelo, tedes que darlle ao altavoz.






domingo, 20 de xaneiro de 2013

HERVÉ TULLET E A MAXIA DE "UN LIBRO"


HERVÉ TULLET é un escritor e ilustrador infantil de recoñecido prestixio, por ser o autor de numerosos libros que sorprenden coa súa arixinalidade, fomentando a creatividade. "UN LIBRO" publicado pola Editorial KÓKINOS é unha obra mestra da literatura infantil, pola súa simpleza e orixinalidade. É un libro que interactúa cos lectores de maneira moi sinxela, facendo das súas páxinas un xogo. 
O libro comeza cun círculo amarelo no medio dunha páxina en branco, que temos que pulsar e ver que ocorre dando a volta á páxina. É un desafío constante, xa que en cada páxina temos que facer algo diferente que vai construíndo o libro. Simplemente temos que ler, facer e pasar a páxinas, e parece que facemos maxia! 
Círculos vermellos, amarelos e azuis, mudan de lugar, colócanse en fila, crecen, ata están a puntiño de caer do libro! A Hervé Tullet non lle fai falta un derroche de medios. Uns círculos de colores chéganlle para realizar esta proeza: facer da lectura un xogo, un pracer.




A todos os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos gustoulle moito este libro, por iso, pensei en facer “OUTRO LIBRO” para seguir xogando. Trátase dunha adaptación persoal da obra mestra de Hervé Tullet, na que busquei ideas que poidan plasmar os nenos e nenas de infantil. Nesta ocasión quería que fixéramos todos xuntos e que nos vai pedindo e para iso, fixen esta presentación coa que tamén podedes xogar na casa. So fan falta…un circuliños vermellos, amarelos e azuis. Que o pasedes xenial!




OUTRO LIBRO from maeva on Vimeo.

sábado, 19 de xaneiro de 2013

APRENDENDO CON LIBRIÑO: AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Levamos xa un tempo con esta actividade que permite á biblioteca escolar o contacto coas familias, e pretende a súa colaboración na educación e formación dos nosos nenos e nenas. A mochila é un soporte que ten recursos para grandes e pequenos, para ler o ver xuntos e tamén, para gozar e aprender por separado. Este soporte permite achegar ás casas dos nosos pequenos e pequenas, en préstamo temporal, uns materiais que buscan reforzar o vínculo entre familia e escola. A FINALIDADE DE ESTE VÍNCULO É COMPARTIR O LABOR DE EDUCAR, FOMENTANDO XUNTOS O GUSTO POLOS LIBROS E A LECTURA, A MÚSICA E O INTERESE POR INVESTIGAR E APRENDER. Na nosa escola temos 6 mochilas viaxeiras. Dos na aula de 3 anos, 2 na aula de 4 anoa e dous na aula de 5 anos. Todas levan diferentes recursos adaptados ás idades de cada aula. Estas mochilas viaxan todos os venres, por iso, CHEGA A VOSA CASA UN VENRES, E TERÁ QUE VOLVER A ESCOLA O SEGUINTE VENRES. NON VOS ESQUEZADES! todos queremos velas e divertirnos co que levan dentro, por iso, tedes que respectar as datas de entrega. Por outra banda, como vai viaxar moitísimo e por moitas e diferentes casas, TEDE COIDADIÑO DELA E DE TODO O QUE LEVA DENTRO. Os recursos que conten son de tod@a e para tod@s e terán que volver a escola en bo estado. Dentro delas podedes atopar un libro para adultos, libros infantís sobre diferentes aprendizaxes, contos, DVD de debuxos animados, DVD con un documental infantil sobre animais, CD de música infantil, libreta para valorar a actividade. As nosas mochilas xa levan un tempiño polas vosas casas. Dende esta biblioteca, desexamos que sirvan para xerar momentos de lecer, de aprendizaxe e sobre todo, de moita diversión.

sábado, 12 de xaneiro de 2013

OS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL CHEGARON ÁS BIBLIOTECAS DE AULA!!!!!!!!

O funcionamento dos recunchos de biblioteca, que existen en todas as nosas aulas, son como pequenas ramas que axudan a acadar os obxectivos da Biblioteca do centro. As profes somos conscientes de que estes recunchos, son os espazos lectores máis próximos aos pequenos e pequenas, e por iso, temos que mimalos moitísimo. Un dos obxectivos do PLAMBE, que nos foi aprobado para este ano, é mellorar os recursos das nosa bibliotecas de aula. Con ese fin, este ano, os Reis e Papá Noel trouxeron unha chea de contos que imos gozar e compartir.
AGASALLOS DE NADAL I from maeva on Vimeo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...