sábado, 19 de xaneiro de 2013

APRENDENDO CON LIBRIÑO: AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Levamos xa un tempo con esta actividade que permite á biblioteca escolar o contacto coas familias, e pretende a súa colaboración na educación e formación dos nosos nenos e nenas. A mochila é un soporte que ten recursos para grandes e pequenos, para ler o ver xuntos e tamén, para gozar e aprender por separado. Este soporte permite achegar ás casas dos nosos pequenos e pequenas, en préstamo temporal, uns materiais que buscan reforzar o vínculo entre familia e escola. A FINALIDADE DE ESTE VÍNCULO É COMPARTIR O LABOR DE EDUCAR, FOMENTANDO XUNTOS O GUSTO POLOS LIBROS E A LECTURA, A MÚSICA E O INTERESE POR INVESTIGAR E APRENDER. Na nosa escola temos 6 mochilas viaxeiras. Dos na aula de 3 anos, 2 na aula de 4 anoa e dous na aula de 5 anos. Todas levan diferentes recursos adaptados ás idades de cada aula. Estas mochilas viaxan todos os venres, por iso, CHEGA A VOSA CASA UN VENRES, E TERÁ QUE VOLVER A ESCOLA O SEGUINTE VENRES. NON VOS ESQUEZADES! todos queremos velas e divertirnos co que levan dentro, por iso, tedes que respectar as datas de entrega. Por outra banda, como vai viaxar moitísimo e por moitas e diferentes casas, TEDE COIDADIÑO DELA E DE TODO O QUE LEVA DENTRO. Os recursos que conten son de tod@a e para tod@s e terán que volver a escola en bo estado. Dentro delas podedes atopar un libro para adultos, libros infantís sobre diferentes aprendizaxes, contos, DVD de debuxos animados, DVD con un documental infantil sobre animais, CD de música infantil, libreta para valorar a actividade. As nosas mochilas xa levan un tempiño polas vosas casas. Dende esta biblioteca, desexamos que sirvan para xerar momentos de lecer, de aprendizaxe e sobre todo, de moita diversión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...