domingo, 20 de xaneiro de 2013

HERVÉ TULLET E A MAXIA DE "UN LIBRO"


HERVÉ TULLET é un escritor e ilustrador infantil de recoñecido prestixio, por ser o autor de numerosos libros que sorprenden coa súa arixinalidade, fomentando a creatividade. "UN LIBRO" publicado pola Editorial KÓKINOS é unha obra mestra da literatura infantil, pola súa simpleza e orixinalidade. É un libro que interactúa cos lectores de maneira moi sinxela, facendo das súas páxinas un xogo. 
O libro comeza cun círculo amarelo no medio dunha páxina en branco, que temos que pulsar e ver que ocorre dando a volta á páxina. É un desafío constante, xa que en cada páxina temos que facer algo diferente que vai construíndo o libro. Simplemente temos que ler, facer e pasar a páxinas, e parece que facemos maxia! 
Círculos vermellos, amarelos e azuis, mudan de lugar, colócanse en fila, crecen, ata están a puntiño de caer do libro! A Hervé Tullet non lle fai falta un derroche de medios. Uns círculos de colores chéganlle para realizar esta proeza: facer da lectura un xogo, un pracer.




A todos os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos gustoulle moito este libro, por iso, pensei en facer “OUTRO LIBRO” para seguir xogando. Trátase dunha adaptación persoal da obra mestra de Hervé Tullet, na que busquei ideas que poidan plasmar os nenos e nenas de infantil. Nesta ocasión quería que fixéramos todos xuntos e que nos vai pedindo e para iso, fixen esta presentación coa que tamén podedes xogar na casa. So fan falta…un circuliños vermellos, amarelos e azuis. Que o pasedes xenial!




OUTRO LIBRO from maeva on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...