martes, 26 de febreiro de 2013

A ANIMACIÓN QUE TRIUNFOU NOS PREMIOS "OSCARS"...


A aposta de PIXAR "BRAVE", a princesa pelirroja, levouse o oscar á mellor película de animación. Pero gustaríame destacar o premio á mellor curatmetraxe de animación, que foi para "PAPERMAN". Esta obra mestra producida por WALT DISNEY STUDIOS, brillou nos Oscars. O relato mostra unha historia de amor a primeira vista e o seu rumbo indefinido, ata un final que cumpre os desexos dos protagonistas. Moitos críticos de cine afirman que é unha historia posible, cautivadora, que simboliza os sentidos das persoas. Por iso, pensan que este ano, Hollywood foi xusto con esta obra mestra, aplaudida por todo tipo de público. A animación vai atopando cada vez un lugar máis alto..
Aquí podedes ver uns minutiños de "PAPERMAN"...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...