xoves, 14 de febreiro de 2013

EL LÁPIZ: A MAXIA DUN TRAZO.


Paula Bossio é a autora deste pequeno álbum ilustrado, pero gran xoia, que editou FONDO DE CULTURA ECONÓMICA, dentro da súa colección “A orillas del viento”. EL LÁPIZ é un conto dos que non poden faltar nunha biblioteca que queira ofrecer cousas diferentes, doces e cheas de creatividade e positividade. 




En poucas páxinas, una nena e uns máxicos trazos crean un mundo onde podes atopar todo o que desexes. Este libro é un homenaxe ao xogo, ao debuxo e ás súas infinitas posibilidades e todo, mesturado cunha enorme carga de afectividade. Aquí tedes unha pequena mostra do mundo que creamos nos na escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...