luns, 4 de marzo de 2013

VIOLETA MONREAL VISITA A NOSA ESCOLA!

VIOLETA MONREAL visita a nosa escola! Violeta Monreal naceu en Oviedo e é licenciada en Belas Artes. Na súa traxectoria profesional como ilustradora, ten feito traballos moi importantes. Colaborou en Nova York coa ONU na ilustración de varios proxectos. Estes son algún dos seus recoñecementos:
  •  Foi finalista no certame da CCEI de mellores ilustracións 2001 con “LOS NOVIOS DE LA RATITA PRESUMIDA”. 
  • Lista de honor no certame da CCEI de mellores ilustracións 2002 con “MISIÓN EN LA TIERRA”.
  • PREMIO XXVI SALÓN DEL LIBRO Polo seu labor na PROMOCIÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Decembro de 2002 
  • LISTA DE HONOR no certamen da CCEI de mellores ilustracións 2003 con “ORO PARECE”. 
  • PREMIO CCEI de ilustración 2011 con “16 PINTORES MUY, MUY IMPORTANTES”.
 Traballou e traballa con múltiples editoriais como ilustradora e ás veces tamén como escritora dos seus propios contos e proxectos. Compaxina todo o anterior, dando conferencias sobre debuxo infantil e impartindo obradoiros para o fomenta da creatividade, tanto para profesionais como para pequenos. Tamén viaxa por diferentes países e colexios para ensinar outra forma de plasmar os nosos desexos, inquidanzas, etc.
Violeta ten mans de fada e corazón de cativa. Por eso no é de extrañar a máxica e particular empatía que logra tener cos pequenos.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow made with Smilebox


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...