luns, 8 de abril de 2013

CONTACONTOS EN FAMILIA: "MOZAR UN NIÑO MUY ESPECIAL"

Hoxe estivo na escola Ruth a nai do noso amigo Pedro. Veu contarnos a historia de "Mozart un niño muy especial" cunha presentación na PDI. Así poidemos coñecer a vida deste famoso músico, estivemos moi atentos e gustounos moito. 
Tamén trouxo uns videos dos seus alumnos tocando diferentes instrumentos, porque é profe de música. E poidemos ver a Pedro tocando a escala musical, nun piano enorme, porque Pedro quere aprender a tocar o piano, como Mozart cando era pequeno.
 Xuntos nai e fillo, tamén nos cantaron unha canción preciosa e Ruth trouxo un agasallo para todos, para que aprendamos máis cousas de música.
 Con tantas  sorpresas... merecía moitos bicos e apertas, e nos démoslle un montón de cada. GRACIÑAS RUTH!!!!!!!!!!!! e vai preparando outro conto, que pronto tes que volver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...