venres, 12 de abril de 2013

OS AMIGOS DE LIBRIÑO: O COELLO PILÚ PILÚ


Pilú Pilú, un coello amigo de Libriño, pasa este ano con nos, na biblioteca da escola. Todos os venres, desde o comezo de curso, espera aos nenos e nenas de 3 anos alí, na biblioteca. Ten a súa casa nunha bolsiña de viaxe rosa, que está chea de sorpresas. Nela tamén nos trae sempre un conto especial co que logo xogamos. Pilú Pilú é moi simpático e sempre fainos rir porque sabe mover unha orella como se fose o hélice dun helicóptero. 
Na escola, querémolo moito e sempre lle cantamos esta canción para que nos ensine o conto que nos trae. Seguro que xa a coñecedes.



PILÚ PILÚ from elena gómez on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...