luns, 22 de abril de 2013

UNHA CHEA DE ACTIVIDADES NA "SEMANA DO LIBRO"



Aquí vos deixamos as actividades que imos ter esta semana, para celebrar a semana grande da biblioteca que é a "SEMANA DO LIBRO". Temos unha chea de actividades para gozar dos noso amigos os libros, coas súas historias e con amigos moi especiais que virán compartir con nos estas datas.


LUNS 22: CONTACONTOS CON SONIA A NAI DE URIEL que virá contar un clásico e imprescindible da literatura infantil “ELMER”. Tamén contaremos coa visita do actor galego ANTONIO DURÁN “MORRIS” ao que imos entrevistar para o libro que estamos a facer sobre o noso proxecto “XABARÍN 18”.

MARTES 23: INAUGURAMOS NA NOSA BIBLIO O RECUNCHO DE RAMÓN TRIGO. O noso padriño merece un oco especial nela e xa o temos. Despois vai contarnos o conto “LA COSA NEGRA QUE PASÓ POR MI VENTANA” e celebrará con nos o ANIVERSARIO DE LIBRIÑO, a mascota da nosa biblio, que xa cumpre 7anos.

MÉRCORES 24: TEMOS A VISITA DOS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS DO CEP SANTA TEGRA, que van contarnos uns contos sorpresa moi chulos.

XOVES 25: CONTACONTOS “EL PEQUEÑO BÚHO” e SESIÓN DE CETRERÍA con animais reais.

VENRES 26:  de novo SESIÓN DE CONTACONTOS CON RAMÓN TRIGO e o seu libro “As luces que se acenden e se apagan”. Compartiremos esta sesión cos noso amigos do Centro de Día Atalaia e tamén un OBRADOIRO DE ARTE INTERXERACIONAL, guiados polo noso amigo e ilustrador.

E durante toda a semana, ás 9:00h. e ás 14:00h., na entrada da escola, imos ter a FEIRA DO LIBRO. Esta feira é un punto de encontro para grandes e pequenos. Nela podedes coller os libros que queirades. Son totalmente gratuítos e non hai que devolvelos. Tamén podedes traer libros e contos que tedes nas vosas casas, co fin de que outros poidan gozar deles, porque…
OS LIBROS NON SE PODEN TIRAR, REGÁLAOS!!!!!!!!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...