venres, 12 de abril de 2013

UNHA MOSTRA DE COMO XOGAMOS COA POESÍA.


O pasado Día 21 de Marzo, celebramos o DÍA DA POESÍA, e citando a  Carmen Gil Martínez, escritora de literatura infantil, “la poesía se debe acercar a los niños con naturalidad, leyéndoles un poema antes de acostarse o al llegar del cole, dejando libros de poesía a su alcance, cantándoles poemas musicados. A los pequeñitos les encanta la poesía del folclore (adivinanzas, trabalenguas, retahílas…), los versos cortos con rima consonante, la poesía narrativa. A los niños les chifla la poesía, de eso estoy plenamente convencida”.


Dise que as poesías son unha das irmás pobres da Literatura infantil e xuvenil, pero temos que cambiar iso. As poesías enchen a vida da nosa escola, dende a canción dos bos días ata a da hora de recoller. E son tan divertidas que decidimos seguir xogando con elas. Estes días estivemos escoitando poesía, mirando libros de poesía, descubrindo que existen poesías para recitar, para contar, para debuxar e tamén, para cantar. E traballamos con elas cantando, facendo teatro, xogando cos seus personaxes, debuxando o que dicían. Pasámolo xenial!!! E aquí tedes algunhas das que máis nos gustaron.



POESÍAS from elena gómez on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...