mércores, 1 de maio de 2013

“AS LUCES QUE SE ACENDEN E SE APAGAN” , UN CONTO QUE ENCHEU O COLE DE COMPLICIDADE E CREATIVIDADE…

Este ano quixemos compartir a SEMANA DO LIBRO cos nosos amigos maiores do Centro de Día Atalaia. Para iso, dende a escola propuxemos as educadoras do centro de día, unha sesión de contacontos e un obradoiro de ilustración creativa con pinturas, esponxas, pinceis, brochas, mans, dedos, espátulas, etc. E chegou o día e así foi A BENVIDA




























Para a SESIÓN DE CONTACONTOS elexín “AS LUCES QUE SE ACENDEN E SE APAGAN” escrito e ilustrado por RAMÓN TRIGO, e editado por KALANDRAKA /FAKTORÍA K DE LIBROS.  Presenta a profesión de pintor a través do seu protagonista. Lusco ten moitos botes de pintura, unha brocha e unha luz enriba da cabeza pero non sabe que facer. Así comeza a plasmar nun lenzo todo o que se lle antolla.Ata que gasta todas as cores e so lle queda a branca. Entón pinta o lenzo con ela e descubre que nesa cor,  están todos os seus soños. Grandes e pequenos estiveron moi atentos, Ramón fíxoo xenial e meteunos a todo e todas no seu peto.



























Rematado o conto chegou a hora do OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN. Ramón comezou a obra de arte facendo a Lusco e o seu lenzo baleiro. Mentres nos elixíamos parella para pintar nel e xuntos, mesturando ilusión e complicidade comezamos a pintar os noso desexos, lembranzas e antollos. Vivíronse momentos moi divertidos, algúns cheos de picaresca e todos de moito agarimo.  Nesta presentación podedes ver como o pasamos e como quedou O NOSO CADRO REMATADO. Sen dúbida… temos que repetilo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...