sábado, 4 de maio de 2013

FACEMOS TEATRO: “O ANIVERSARIO DE XOANIÑA”

Os peques de 3 anos estiveron facendo teatro con máscaras de tea. Neste caso representaron a obra inventada “O aniversario de Xoaniña”. Unha pequena xoaniña vai celebrar o seu aniversario e para iso prepara unha torta e escribe as invitacións que leva a todos os seus amigos do bosque. Cando chega a ora e ve que non ven ninguén, decide ir polas casas para buscalos. Todos din que non poden ir porque están moi ocupados e xoaniña volve a súa casa tan triste que se deita a durmir. Xa durmida escoita que a chaman e cando vai abrir a porta da súa casa, alí están todos os seus amigos, cun montón de agasallos. Así, celebran o aniversario e pásano moi ben comendo e bailando.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...