luns, 10 de xuño de 2013

CONTACONTOS EN FAMILIA: "TITIRICIRCUS"



Hoxe, na biblioteca tivemos a visita do pai de Manu. Veu para compartir con nos un conto moi bonito da editorial Kalandraca: “TITIRICIRCUS”.  Trátase do libro conmemorativo do 25 aniversario desta obra de teatro de monicreques, a máis representada en toda Galicia. É unha homenaxe ao circo, que fixo vibrar a xeracións de nenos e nenas con personaxes e destrezas inimitables. Tanxarina segue a darlle continuidade a ese mundo de soños coas funcións coas que viaxa de vila en vila.

Manuel, ensinounos con este conto a importancia das tradicións e  estivemos moi atentos. O seu agasallo foi dobre porque contouno dúas veces. Nos tamén démoslle agasallos: unha morea de aplausos, unha morea de bicos e unha aperta xigante. GRACIÑAS MANUEL, fixéchelo moi ben, por iso,contamos contigo para o ano que ven.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...