martes, 29 de outubro de 2013

A NOSA PANTASMA MARCAPÁXINAS!!!!!


marcapáxinas Samaín - diapositivas

Unha das actividades que fixemos na biblioteca, para celebrar o Samaín, foi elaborar un marcapáxinas en forma de pantasma que daba moitísimo meeeeeeeeedooooooooo!!!!!!!!
Mirade como traballamos...

luns, 28 de outubro de 2013

SUSANA, A MAMÁ DE MANUEL VEU AO COLE A CONTARNOS UNS CONTIÑOS!!!!


CONTACONTOS MAMÁ DE MANUEL - presentacion imagenes
 O venres veu ao cole Susana, a mamá de Manuel, a contarnos uns contiños co gallo de celebrar o Día das Bibliotecas (24 de outubro).
Contounos o conto  do rato Pincho, un contiño moi divertido e tamén, como están esperando a chegada dun novo membro á familia, contounos o conto de Bebé a bordo.
Pasámolo xenial!!!! 
Moitas grazas Susana!!!!!  

NOVA PUBLICACIÓN DE FRANCESCO TONUCCI: CON OJOS DE NIÑA


 En 1983 publicouse Con ojos de niño, un libro de viñetas de Frato/Tonucci, que falaba indistintamente de nenos e nenas. Trinta anos despois publícase Con ojos de niña, fala en cambio de nenas, das súas dificultades, dos seus soños, dos seus privilexios. Escrito con Amparo Tomé, todos podemos recoñecernos facilmente na diversidade de situacións que presenta o libro, situacións da vida cotidiana, dificultades e trampas nos vínculos amorosos, anécdotas do mundo publicitario, frases de pensadoras e pensadores, famosos, mulleres premio Nobel, o prezo que pagan moitas nenas polo feito de nacer mulleres...



xoves, 24 de outubro de 2013

26 DE OUTUBRO, PRESENTACIÓN DO LIBRO-DISCO "PAN DE MILLO" NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA!!!


NON VOLO PODEDES PERDER!!!!!!!!!!!!!!  

O salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra acollerá este sábado 26 de outubro, a partir das 12:00 horas, a presentación do libro-disco “Pan de millo“, con María Campos e Carlos Yus, de Migallas Teatro
Con eles, tamén participarán o ilustrador Dani Padrón e os responsables da produción musical, Magoia Bodega e Paulo Nogueira.
  
Por se queredes votar unha ollada, tedes máis información na web de Kalandraka: www.kalandraka.com,  e cancións dispoñibles  na web de Migallas:
-Miña “Abuela Manuela”: http://www.migallas.com/Minha_Abuela_Manuela



XA TEMOS O NOSO RECUNCHIÑO DE SAMAÍN!!!!

Temos na nosa biblio un recuncho con libriños coa temática de Samaín; pódedes ver os seguintes títulos: EL MONSTRUO de Daniel Martín e Ramón Trigo, LOS MONSTRUOS NO EXISTEN de Kerstin Schoene, EL PIRATA METEPATAS y EL VAMPIRO DEBILUCHO de Rocío Antón y Lola Nuñez, MI AMIGA LA OSCURIDAD de Ella Burfot, O MONSTRUO de Itziar Zubizarreta e A BRUXA ENRABECHADA de Joles Sennell.

xoves, 17 de outubro de 2013

A BIBLIO COS PROXECTOS DE AULA: "PUNTILLAS E OS COELLOS"



Os nenos e nenas da aula de 3 anos, fixemos unha visita á biblio para buscar libros e contos que nos axuden co noso proxecto dos coellos. Libriño e a profe Mariola prestáronnos 3 libros e pedíronnos que os coidaramos moito. Cando rematemos o proxecto votarémolos á biblio. Graciñas Libriño e graciñas profe Mariola!!!


A BIBLIO CO PROGRAMA VOZ NATURA "OLLOS DE PEIXE"

A profe Chus visitou a biblio para pedirlles a Libriño e á profe Mariola, libros e contos sobre o mar que lles ensinará aos peques no desenvolvemento do programa "Ollos de peixe".

A profe
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...