A nosa mascota da biblio viaxou a EEUU. Vimos no globo terráqueo a viaxe tan longa que tivo que facer. Libriño trouxo a súa maleta cargada de recordos e estivémolos vendo, un mapa de EEUU, unha replica do Empire States, fotos das comidas típicas, fotos de distintas paisaxes, os billetes etc... Pasámolo xenial!!!!
A MAMÁ DE MARIA ELENA, DA AULA DE TRES ANOS, FÍXONOS UN AGASALLO PARA A BIBLIO DE FAMILIAS. UN LIBRO QUE SE TITULA "TRASTORNOS ALIMENTARIOS", TRÁTASE DUNHA GUÍA DE PSICOEDUCACIÓN E AUTOAXUDA ESCRITO POR ELA, QUE É LICENCIADA EN PSICOLOXÍA. MOITAS GRAZAS MARÍA!!!!!
SE ALGÚN PAPÁ OU MAMÁ QUERE DOAR ALGÚN LIBRO PARA A BIBLIO, ESTAREMOS ENCANTADOS DE RECIBILOS. GRACIÑAS
Dende a nosa biblio queremos tamén colaborar nos proxectos CON OLLOS DE PEIXE E ONDIÑAS VEÑEN E VAN nos que está inmerso o noso cole. Contamos cun pequeno recuncho con libriños e contos sobre o mar, as praias, as illas, os animais mariños, os ríos etc...
Os nenos e nenas de 3 anos xogamos cos gusidedos empregando o conto de Hervé Tullet; para xogar só precisamos os nosos dedos, un rotu e pintarlles ollos e boca...e xa temos os gusidedos!!!!
PILÚ PILÚ é un amigo de Libriño que, de cando en cando, visita a aula dos nenos e nenas de 3 anos para levarlles un conto e gusanitos... Na súa tobeira ten unha chea de contos, porque lle gustan moito e nesta visita, trouxo un conto de Samaín do coello Puntillas !!!