jueves, 12 de diciembre de 2013

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DE REDONDELA, ANIMÁDESVOS??

A Biblioteca Municipal de Redondela, en colaboración coa Fundación Filomena de Redondela ten previstas dúas actividades para rapaces, que se celebrarán na sala infantil da Biblioteca de Redondela.
 
-- Dúas sesións de contacontos.
Terán lugar o Venres 13 e mais o Venres 27, ás 18:30 h.
Para nenos e nenas de 5 a 8 anos. De balde. ENTRADA LIBRE.
 
-- Un obradoiro de maxia, en dúas sesións.
Celebraranse o Venres 27 e mais o Luns 30, de 11:30 a 13:00 h.
Para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos. De balde. PRAZAS LIMITADAS: PRECÍSASE INSCRICIÓN PREVIA.
 

jueves, 5 de diciembre de 2013

NOVAS DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA E CHAPELA!!

As Bibliotecas de Redondela e de Chapela teñen aberto o prazo para participar na elección do libro do ano. Se trata de escoller o mellor libro editado no 2013, tanto na categoría de libro infantil como de adulto. Para facelo teredes que achegarvos ás bibliotecas e depositar o voso voto nas urnas destinadas para o mesmo. Os participantes entran no sorteo do libro que recibirá o maior número de votos, segundo cada unha das categorías. O prazo para as votacións remata o Luns 30 de Decembro.

 Para máis información podedes consultar o seu blog:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2013/11/comeza-eleccion-do-libro-do-ano-2013.html

  
Asimesmo, aproveitamos  para recomendarvos visitar a exposición que está estes días no Multiusos de Chapela, ata finais deste mes:
A exposición é de fotografías antigas e se titula "Redondela e o mar", e está organizada polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroi:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.219794124865220.1073741836.190401427804490&type=1
 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...