xoves, 5 de decembro de 2013

NOVAS DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA E CHAPELA!!

As Bibliotecas de Redondela e de Chapela teñen aberto o prazo para participar na elección do libro do ano. Se trata de escoller o mellor libro editado no 2013, tanto na categoría de libro infantil como de adulto. Para facelo teredes que achegarvos ás bibliotecas e depositar o voso voto nas urnas destinadas para o mesmo. Os participantes entran no sorteo do libro que recibirá o maior número de votos, segundo cada unha das categorías. O prazo para as votacións remata o Luns 30 de Decembro.

 Para máis información podedes consultar o seu blog:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2013/11/comeza-eleccion-do-libro-do-ano-2013.html

  
Asimesmo, aproveitamos  para recomendarvos visitar a exposición que está estes días no Multiusos de Chapela, ata finais deste mes:
A exposición é de fotografías antigas e se titula "Redondela e o mar", e está organizada polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroi:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.219794124865220.1073741836.190401427804490&type=1
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...