xoves, 28 de febreiro de 2013

A TODA MÁQUINA! CHEGA O XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2013 DE PONTEVEDRA.


Este ano, chega A TODA MÁQUINA!  ao Pazo da Cultura e estará aquí do 2 ao 23 de marzo, para presentarnos ao ser humano como máquina, ás máquinas co seu movemento, aos escritores como máquinas de combinar palabras, á máquina do tempo, ás máquinas de música… convídanos pois a maquinar, a inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construir…proxectar as ideas e facelas realidade .




Por facer un pouco de historia…A primeira edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebrouse no ano 1999. Respondía á iniciativa dun grupo de persoas que desexaban un punto de encontro entre o mundo dos libros e o mundo dos lectores e lectoras máis novos. A Concellaría de Cultura sintonizou co proxecto e apoiouno con medios estruturais e económicos, pasando a se converter, posteriormente, en entidade promotora.
Desde aquela, xa levamos sete edicións nas que se medrou en todos os sentidos. Con todo, o Salón segue a manter os seus sinais de identidade: o espírito aberto e participativo, coa colaboración de numerosas institucións públicas e privadas, a dedicación cada ano a un tema diferente, que sirva de núcleo aglutinador de ideas e actividades, o protagonismo absoluto do libro en todas as súas facetas, e o seu achegamento cálido, ameno e instrutivo ao lector.

ANIMÁDEVOS A VISITALO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Neste enlace podedes atopar todo o que queirades saber sobre o evento, as súas actividades, contacontos, datas,  horarios e demáis:
http://www.salondolibro.org/

martes, 26 de febreiro de 2013

A ANIMACIÓN QUE TRIUNFOU NOS PREMIOS "OSCARS"...


A aposta de PIXAR "BRAVE", a princesa pelirroja, levouse o oscar á mellor película de animación. Pero gustaríame destacar o premio á mellor curatmetraxe de animación, que foi para "PAPERMAN". Esta obra mestra producida por WALT DISNEY STUDIOS, brillou nos Oscars. O relato mostra unha historia de amor a primeira vista e o seu rumbo indefinido, ata un final que cumpre os desexos dos protagonistas. Moitos críticos de cine afirman que é unha historia posible, cautivadora, que simboliza os sentidos das persoas. Por iso, pensan que este ano, Hollywood foi xusto con esta obra mestra, aplaudida por todo tipo de público. A animación vai atopando cada vez un lugar máis alto..
Aquí podedes ver uns minutiños de "PAPERMAN"...


GOYA PARA "EL VENDEDOR DE HUMO", UNHA HISTORIA ESPECIAL...

Na gala dos "Premios GOYA" de este ano, foi premiada a curtametraxe de animación "EL VENDEDOR DE HUMO" dirixida por Jaime maestro. Pero esta curtametraxe, garda unha desas historias que pensamos nunca poden pasar... a dos alumnos e alumnas da escola valenciana "PRIMERFRAME". O seu profesor, Jaime Maestro, ensinoulles o mundo, técnicas e fondo do maravilloso arte da animación, con valor, entusiasmo e esperanza. Confiando neles, propúxolles como proxecto de fin de curso, facer unha curtametraxe e... así nació "EL VENDEDOR DE HUMO".  
Aquí deixovos uns minutos de visionado, dun conto moi apropiado para os tempos que corren. Dende a nosa humilde escueliña "NORABOA" a Jaime Maestro e aos alumnos e alumnas de "PRIMER FRAME".


CONCURSO CONTO POR CONTO: O POLLO PEPE

Seguimos co concurso "CONTO POR CONTO". Nesta ocasión, Nati e Sofía quixeron contar un dos best sellers da Editorial SM, "O pollo Pepe". Son unhas xenias contancontos!!!!!!!!!



CONTO POLLO PEPE from maeva on Vimeo.

domingo, 24 de febreiro de 2013

OS AMIGOS DE LIBRIÑO: PINGÜ

Lucas trouxo a un novo amigo a nosa biblioteca, a PINGÜ que coma él, tamén anda namorado!!!.  e todos estamos esperando que nos ensine algunha palabra no seu alucinante idioma. Libriño vai estar acompañado pero tamén moi ocupado, porque Pingü é moi curioso. GRACIÑAS LUCAS!!!

OS AMIGOS DE LIBRIÑO: PINGÜ

UN POEMA PARA ROSALÍA!!!!!


O longo deste ano, para celebrar os 150 anos de “Cantares Galegos”, na biblioteca faremos pequenas actividades para coñecer a nosa escritora e a súa obra. Esta semana, e coa finalidade de acercar aos nenos e nenas ao seu sentir, fora de Galicia, inventei un poema que debatemos e representamos. Con este poema, falamos das diferentes maletas que todos levamos, a das nosas pertenzas materiais, a da memoria coas vivencias e lembranzas, e a do corazón coas ausencias,os amores e os sentires. 

xoves, 21 de febreiro de 2013

OBRADOIRO DE CONTOS: “EL CONTENEDOR QUE RECICLABA PALABRAS”.

Este trimestre, nas aulas estase aprendendo moito sobre a reciclaxe. Por iso, no obradoiro da biblio tivemos una gran idea, que tal se facemos un contenedor para reciclar as palabras? E xa o temos. Xogamos cos contrarios e buscamos outra maneira de mellorar o mundo: enchelo de palabras bonitas e que nos fan mellores.  Esperamos que vos guste tanto coma nos.



PAN RECICLADOR from elena gómez on Vimeo.

CAMBIAMOS OS LIBROS DE EMPRÉSTITO NA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS.



  Libriño e a profe Elena visitamos a biblioteca Xosé Neira Vilas, para cambiar os libros de empréstito e trouxemos una chea deles que aínda non coñecemos. Seguro que gardan historias coas que imos pasalo moi ben.




 

A VISITA DE ANXO MOURE! DESEXAMOS QUE VOLVA PRONTO!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design customized with Smilebox

domingo, 17 de febreiro de 2013

CONTACONTOS EN FAMILIA: A CEBRA CAMILA


Esta semana, na biblioteca tivemos a visita do pai de Lois. Veu para compartir con nos un conto moi famoso da editorial Kalandraca: “A CEBRA CAMILA”. Alex, ensinounos con este conto a importancia de compartir o que temos, porque iso pode axudar moito aso demais. Tívonos a todos moi atentos contando as raíñas da cebra e lembrando os animais que a axudaban.E como nos portamos tan ben, tivemos un pequeno agasallo, un colar cunha foto de Camila cando era pequena coma nos. GRACIÑAS ALEX, fixéchelo moi ben, por iso, esperámoste outro día.

venres, 15 de febreiro de 2013

ESTA FIN DE SEMANA EN VIGO...





 VENRES 15:
·         Contacontos e obradoiro na librería “LIBROS PARA SOÑAR”. Hoxe ás  18:30 h. vades pasalo xenial cunha gran historia editada pola editorial Kalandraka “CROCODILO NAMORADO”. No casco vello de Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
SÁBADO 16:
·        Conto na BIBLIOTECA CENTRAl:  ”Contos para levar no peto”, narración por Iago López. De 3 a 12 años. Podedes atopar máis información na Web de la Biblioteca Central de Vigo, no teléfono 986.229.074, bibli.central.vigo@xunta.esperfil en Facebook y perfil en Twitter.
·       “Entre arrolos e contiños” na BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS.   As 12:00,  c/Martínez Garrido, 21. Máis información e inscripciones, chamando ao 986.267.759 ou enviando un mail a bpneiravilas@vigo.org.

DOMINGO 17:


·       BIBLIOTECA DE CHAPELA, proxectase o filme de animación, "O Apóstolo", unha película de Fernando Cortizo,nomeada ao premio de Mellor Película de Animación nos Premios Goya. Faise dentro do ciclo de cinema galego "Versión orixinal" que se estáa desenvolver no Concello de Redondela durante este mes. O prezo das entradas é de 3 €, e poderán mercarse nos Multiusos de Redondela.


·      


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...