mércores, 29 de xaneiro de 2014

MÁIS ACTIVIDADES DA BIBLIO DE CHAPELA

Estimados lectores: Con motivo da celebración do Día da Ilustración, este xoves 30 de xaneiro, convidamos a rapaces e rapazas de todas as idades (de 3 a 99 anos) a achegarse á biblioteca para facer un debuxo de algún dos seus personaxes de conto preferidos. A actividade desenvolverase durante todo o horario da biblioteca: dende as 16:30 ata as 21:00 h. Os debuxos formarán parte dun mural, que expoñeremos na sala infantil durante todo o ano. Ademáis, os participantes na actividade, recibirán un cariñoso obsequio pola súa contribución 
Podedes ver máis en: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/01/dia-da-ilustracion-na-biblioteca-de.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...