mércores, 12 de febreiro de 2014

ACTIVIDADES DE SAN VALENTÍN NAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA!!

Para lle facer un guiño ao día dos namorados, nas Bibliotecas de Redondela están a facer dúas actividades:
  • "Cita a cegas"
 A iniciativa Cita ás cegas cun libro (en inglés, Blind Date with a book) naceu nunha biblioteca pública de Los Ángeles co fin de redescubrir magníficas historias que permanecían esquecidas nos estantes.
Cita ás cegas consiste en ofrecer en préstamo, unha serie de libros envolvidos de tal maneira que resulta imposible coñecer o seu título ou autor, como un xeito de recibir unha sorpresa e deixarse levar pola recomendación do bibliotecario... ao cabo, é inxusto xulgar a un libro pola súa portada.
Dende hoxe mércores 12 e ata o venres 14 nas salas de adultos das bibliotecas de Redondela e de Chapela poderedes achegarvos ás vosas citas a cegas.
 
  •  "De amor e de palabras"
Na biblioteca de Chapela solicitan que os que esteades interesados en participar  que lles acheguedes un poema de amor.
- Os poemas poderán ser en galego, en castelán e tamén en inglés.
- Deberán encabezarse co título do poema e mais o nome do autor (o nome ou seudónimo co que é coñecido ou, no caso de selo, "anónimo").
- Poderán ser poemas de autores recoñecidos, pero tamén creacións propias.
- Preferible que non superen os 40 versos.
Están a deixar unha nota na rede Facebook para seguir o fío
(https://www.facebook.com/notes/bibliotecas-de-redondela/de-amor-e-de-palabras-14-de-febreiro/616986808349126), pero tamén poderedes deixar poemas nas súas bibliotecas. Os que acheguen poemas en Facebook participarán nun sorteo dun agasallo moi romántico.

ANIMÁDEVOS!!!!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...