mércores, 12 de febreiro de 2014

CONCERTO DE CORASONS EN VIGO!!

Este xoves non vos podedes perder o concerto  de CoraSons en Vigo. Un agasallo para o voso Corazón!!! 
Unha delicia para a vista, un cóctel de sons irresistibles, unha escolma de momentos máxicos tecidos co fío irrompible do amor.
O colectivo CoraSons volverá reunirse esta semana para celebrar novos concertos nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo, o 12 e o 13 de febreiro, respectivamente. Foi un 14 de febreiro, hai dous anos, cando os primeiros integrantes desta singular iniciativa transfronteiriza -encabezada por Uxía- reuníronse por primera vez na Casa das Crechas cun repertorio de cancións clásicas nas que o corazón era o fío condutor, na mesma liña dunha orixinal exposición de fotografías da portuguesa Isabel Leal.

ANIMÁDESVOS????

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...