luns, 28 de abril de 2014

PRESENTACIÓN DUN CÓMIC NA BIBLIOTECA DE CHAPELA

Mañá martes 29 de Abril terán na Biblioteca de Chapela a presentación dun interesante cómic "Vida de nai", editado por "El patito editorial".
Para a presentación contarán coa presencia da autora do mesmo, Gemma Sesar, que falará sobre o cómic, o proxecto editorial e tamén sobre a conciliación laboral e familiar, que é o tema sobre o que se move este cómic.
A vida real en viñetas, un enfoque realista e nada idealizado, co que moitos pais e, sobre todo, nais se verán identificados.
 

venres, 25 de abril de 2014

CONTACONTOS EN LINGUAXE DE SIGNOS!!!


Para rematar coas celebracións da semana do Día do Libro tivemos un contacontos en Linguaxe de Signos. Aránzazu e María contáronnos un conto chulísimo, titulábase "IMOS BUSCAR UN OSO".
Pasámolo xenial!!
GRAZAS ARÁNZAZU E MARÍA!!!

mércores, 23 de abril de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!!!!


DÍA DO LIBRO

HOXE 23 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO. NÓS FESTEXAMOS ESTE DÍA CUN CONTACONTOS DA MAN DE BELÉN CHORÉN E O SEU PERSONAXE DE "BALBINA". CONTOUNOS UN CONTO MOI DIVERTIDO, PASÁMOLO XENIAL. 
GRAZAS BELÉN!!!!

martes, 22 de abril de 2014

COMENZAMOS A SEMANA DO LIBRO!!!!


COMENZAMOS A CELEBRACIÓN DA SEMANA DO LIBRO CONTANDO COA COLABORACIÓN DOS PAPÁS DE MANUEL, E DE MAURO, O SEU IRMÁN. VIÑERON A CONTARNOS TRES CONTOS CHULÍSIMOS. GRAZAS FAMILIA!!!!

xoves, 10 de abril de 2014

CONTACONTOS EN FAMILIA!!!




Esta semana a mamá de Pedro veu a biblio a contarnos aos nenos e nenas de 4 anos dous contos de Noody, chulísimos!! 
Pasámolo xenial e encantounos a túa visita.
Grazas Ruth!!!

mércores, 9 de abril de 2014

NÓS TAMÉN CANTAMOS EN GALEGO!!!!!




Libriño tamén nos deixa na biblio música en galego para que poidamos levar para a casa e disfrutala en familia. Algúns dos cd´s que podedes escoitar son: 
  • Pan de Millo de Migallas
  • Tic Tac
  • Bicos de música de Mamá Cabra
  • Celtics Roots
  • As Maimiñas
  • Todos os animais ó caixón
  • Na punta do pé
  • Rosalía Pequeniña de Uxía
  • Cantando comigo e Mamá Cabra
  • Os soños na gaiola
  • Arrolos de salitre 

luns, 7 de abril de 2014

O XOGO DAS PISTAS!!




Esta vez Libriño propúxonos un xogo, non nos tiña o conto preparado para ler, deixounos catro pistas e nos tiñámolo que atopar no medio de tantos contos. Aínda que parecía unha tarefa complicada ao final atopámolo!!! Era o conto de "Sofia, a vaca que amaba a música".

ACTIVIDADES BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA PÚBLICA JUAN COMPAÑEL PARA O MES DE ABRIL.

"A BIBLIOTECA DOS PEQUENOS" os xoves alternos ás 18 h.
  • Xoves 10: "Pekecontos". Marisa Irimia. De 0 a 3 anos.
  • Xoves 24: "A viaxe de Lup". Soledad Felloza. De 0 a 3 anos.

Mércores 24 ás 18:30h. Día internacional do libro: "Historia dunha semente" Caramuxo teatro. Na sala de audiovisuais (segundo andar). Público familiar.
  
"OS SÁBADOS, CONTO" ás 12h.
 Sábado 26: "Linda á espreita". Iago López. De 3 a 12 anos. Duración: 60 minutos

mércores, 2 de abril de 2014

UNHA FORMA NOVA DE CONTAR CONTOS, O KAMISHIBAI!!!


KAMISHIBAI - Video Maker

Libriño sorprendeunos con un conto de kamishibai, "Dante o xigante". Kamishibai é unha palabra xaponesa que significa, teatro de papel. É unha forma moi tradicional de contar contos en Xapón. Gustounos moito e os nenos e nenas de 3 anos ata se animaron a "experimentar" con él. 

martes, 1 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS!!

 Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, ás que como non podía ser doutra forma se suma a Biblioteca Xosé Neira Vilas: o vindeiro mércores 2 de abril organizan o obradoiro Animalario Fantástico, no que xogarán a inventar animais a partir de historias narradas e a inventar historias a partir de animais de conto.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...