jueves, 29 de mayo de 2014

CONCERTO DE BRINCA VAI NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO!!!!!

PACO NOGUEIRAS PRESENTARÁ ESTE DOMINGO AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO BRINCA VAI! NA CLAUSURA DA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

O músico Paco Nogueiras presentará este domingo 1 de xuño ás 19:00 horas, na Feira do Libro de Vigo (Praza de Compostela), o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado Brinca Vai! e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Tamén asistirá ao concerto o artista audiovisual vigués José Miguel Sagüillo, que dirixiu os vídeos musicais cos que se completa esta obra.

O libro-disco Brinca Vai! reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. As ilustracións, obra de David Pintor, permanecen expostas na libraría LIBROS PARA SOÑAR, onde se poderán visitar durante todo o mes de xuño.

Neste espectáculo, con entrada libre e de balde, Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas, con música en directo.

miércoles, 28 de mayo de 2014

A PROFE MARIOLA E LIBRIÑO, AXÚDANNOS CO PROXECTO DOS COCHES!!!

Hoxe cando volvimos do patio, tivemos unha sorpresa!!! Libriño veu á nosa clase cunha chea de libros sobre coches, que buscou coa profe Mariola. Dixo que podíamos telos na clase uns días para aprender máis sobre o tema e pasalo ben coas súa aventuras. Que bos amigos temos!!! GRACIÑAS a Libriño e á profe Mariola.


martes, 27 de mayo de 2014

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA DE CHAPELA

Lembrámosvos que hoxe na biblioteca de Chapela desenvolven unha actividade de títeres e contacontos:
 
-- Tardes de contacontos e títeres, en colaboración co alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.
Para rapaces e rapazas de entre 3 e 8 anos.
Se desenvolverán dous días, con programación diferente cada día:
- Martes 27 de Maio, de 19 a 20:30 h.
- Venres 30 de Maio, de 17:30 a 19:00 h.
A entrada libre ata completar aforamento. Non se precisa inscrición.

VER MÁIS:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/05/contacontos-e-titeres-na-biblioteca-de.html

lunes, 26 de mayo de 2014

CONTACONTOS NA LIBRARÍA "O RECUNCHO DOS CONTOS"

O próximo sábado 31 de maio ás 12h: 
Contacontos co SEÑOR GRAVATA TORTA na libraría O recuncho dos contos situada na rúa Dr. Corbal. Animádevos!!!!!

GRAZAS AOS FONDOS DO PLAMBE, ESTRENAMOS MOBILIARIO NOVO!!!!!


Grazas aos fondos do PLAMBE puidemos mercar unha estantería nova para a biblioteca de familias (que xa puido estrear algún papá), mobles para as biblios das aulas, cadeiras de cores para a aula de 4 anos e un expositor de CDs.

viernes, 23 de mayo de 2014

ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS DE CHAPELA E DE REDONDELA


  • Biblioteca de Chapela:
-- Tardes de contacontos e títeres, en colaboración co alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.
Para rapaces e rapazas de entre 3 e 8 anos.
Se desenvolverán dous días, con programación diferente cada día:
- Martes 27 de Maio, de 19 a 20:30 h.
- Venres 30 de Maio, de 17:30 a 19:00 h.
A entrada libre ata completar aforamento. Non se precisa inscrición.
  • Biblioteca de Redondela:
-- Obradoiro Ilustrando a natureza, co ilustrador Xosé Tomás. Colabora: Fundación Filomena Rivero.
Para rapaces de 9 a 12 anos.
- Datas: 10 e 11 de Xuño, de 17:30 a 19:30 h.
Prazas limitadas, precisa inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela, ou no teléfono: 986-401-561.

miércoles, 21 de mayo de 2014

PACO NOGUEIRAS PRESENTARÁ AS CANCIÓNS DE "BRINCA VAI!" ESTE VENRES EN LIBROS PARA SOÑAR

O músico Paco Nogueiras presentará este venres ás 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR, o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado "Brinca Vai!" e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo, "Brinca Vai!" reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.

CONTOS PARA BEBÉS NA LIBRARÍA: LIBROS PARA SOÑAR

CONTOS PARA BEBÉS
 

Hoxe,  mércores 21, ás 17:30 horas, celebrarase unha sesión de contos para bebés na libraría: LIBROS PARA SOÑAR. O repertorio vai incluir por primeira vez os novos títulos da colección "Do berce á lúa", para pre-lectores. Antonio Rubio e Óscar Villán son os artífices -nos textos e nas ilustracións, respectivamente- desta serie de pictogramas poéticos ou poegramas, que medra así coa incorporación de "Violín", "Zapato" e "Piñeiro".

lunes, 19 de mayo de 2014

CONTACONTOS EN FAMILIA!!


Unha vez máis puidemos disfrutar dun contacontos en familia. A mamá de Uriel veu a contarnos un contiño que nos gustou moito. Ata fixemos un baile. Pasámolo xenial!!
Grazas Sonia!!

jueves, 15 de mayo de 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


 Grazas a Silvia, do blogue EXPLORAMOS O MUNDO COS CINCO SENTIDOS, coñecemos este fermoso conto do colectivo FABALOBA que constitúe un fermoso achegamento á figura do poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Contámolo esta semana aos nenos e nenas de 5 anos.

O protagonista desta historia é Díaz Castro de neno. No conto, o poeta atopa unha estrela que cae do ceo nun pozo de auga da súa aldea de Guitiriz e vai devolvela ao seu lugar no universo.
O libro está á venda en papel pero tamén hai unha versión dixital que se pode descargar de balde ou ler na web .Podédelo ver neste enlace:
 http://www.youblisher.com/p/873214-O-neno-e-a-estrela/

lunes, 12 de mayo de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES


Apadriñamentos

Hoxe celebramos os apadriñamentos lectores!!! Viñeron a contarnos uns contiños os nenos e nenas de 2º de Primaria, do cole Santa Tegra. Nós fixémoslles un pequeno agasallo: un marcapáxinas feito polos nenos de 5 anos e un lapiciño co nome do noso cole. 
Pasámolo xenial e gustáronnos moito os contos.
Grazas a todos!!!!!

martes, 6 de mayo de 2014

CONTOS NA PIZARRA DIXITAL!!!!


CONTOS NA PDI

Libriño deixóunos uns contos na pizarra dixital. Eran contos interactivos, podiamos participar no desenvolvemento do conto seguindo as instrucións. Pasámolo moi ben!!!

lunes, 5 de mayo de 2014

CONTACONTOS EN FAMILIA!!


A mamá de Izhan veu a contarnos un conto, aos nenos e nenas de 4 anos, titulábase: 
A que sabe a Lúa?. 
Encantounos!!!  Grazas Celeste!!!

TEMOS UN RECUNCHO DE LECTURA NOVO!!


Coa axuda dos fondos do PLAMBE puidemos mercar unha alfombra e uns coxíns novos para a nosa biblio.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...