miércoles, 29 de octubre de 2014

CONTACONTOS DE RAMÓN TRIGO

HOXE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR NO COLE COA VISITA DO PADRIÑO DA BIBLIOTECA, RAMÓN TRIGO. VEU A CONTARNOS O CONTO "FÉLIX EL VAMPIRO". GUSTOUNOS MOITÍSIMO E PASÁMOLO REQUETE BEN. MOITAS GRAZAS RAMÓN POR COMPARTIR O TEU TEMPO CON NÓS.

lunes, 27 de octubre de 2014

Héctor e o conto dos astronautas.

A BIBLIO COLABORA COS PROXECTOS DAS AULAS.

Fai uns días, visitamos a biblioteca para ver se Libriño e a profe Marta tiñan na biblioteca, recursos que nos poidan axudar no noso proxecto. Deixáronnos unha chea de libros, algún de aventuras como "la neve de Lucas", pero outros para seguir investigando e aprendendo sobre o espacio. Graciñas, coidarémolos moito.



viernes, 24 de octubre de 2014

DOAZÓN DE LIBRO PARA A BIBLIOTECA

TIVEMOS UNHA AGRADABLE SORPRESA NA BIBLIOTECA, HELENA DA CLASE DE TRES ANOS, DOOU UN LIBRO A BIBLIOTECA PARA QUE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE O POIDAN DISFRUTAR. GRACIÑAS HELENA E FAMILIA.

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

ESTA SEMANA LIBRIÑO ESTIVO UN POUQUIÑO NERVIOSO POLA CHEGADA DO DÍA DA BIBLIOTECA, E POR FIN CHEGOU!. O LEMA DAS BIBLIOTECAS ESTE ANO É: BIBLIOTECA ESCOLAR ... MATEMÁTICO, POLO QUE LIBRIÑO TRABALLOU ARREO BUSCANDO TODOS OS LIBROS RELACIONADOS COAS MATEMÁTICAS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA, ESTE É O RESULTADO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!



miércoles, 1 de octubre de 2014

ACTIVIDADES OUTUBRO DE ANIMACIÓN A LECTURA

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO
“OS SÁBADOS, CONTO” A partir de 3 anos, ás 12 h. na Sala Infantil
Sábado 4
:  “Non máis guerras”. Trinketrinke Teatro. Contacontos teatral. Educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos, amosar os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e  de posibles solucións. Duración: 45 min.
Sábado 11 : “Vento e chuvia”. Soledad Felloza  leva o público a un mundo imaxinario, que no seu tempo existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: o dunha mitoloxía rica e plena de deuses, ata agora case descoñecida. Duración: 60 min.
Sábado 18 : “Contacontos Dada o duende”.  Eduvia. O Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos máxicos, nos que se traballarán valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente ou o traballo en equipo. 
Duración: 50 min.
Sábado 25 : Workshops: play in english “Trick or treat?”
Story-telling: taller de contacontos e role-plays teatrais sobre Halloween: con crebacabezas,  disfraces, debuxos e adiviñanzas para reforzar o vocabulario. Duración: 60 min.
“CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA”
Martes 21
ás 18:30: ”Recursos educativos na internet para os meus fillos”. IMASV. Formación para pais na internet para ensinar os fillos a usar a web é darlles pautas e opcións útiles e atractivas. Duración: 90 min. na Sala de Audiovisuais (2º andar)
Venres 24
 ás 18:30: “Merenda con pan de millo”. Migallas Teatro. Un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado por Kalandraka. Combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Duración: 60 min.   Na Sala Infantil.
Podedes atopar máis información na Web de la Biblioteca Central de Vigo, no teléfono 986.229.074, bibli.central.vigo@xunta.esperfil en Facebook y perfil en Twitter.

ACTIVIDADES  NA LIBRERÍA LIBROS PARA SOÑAR:

Venres 10 de outubro, ás 18:30 horas. sesión de contacontos para público infantil, co lema “Contos de Tomi Ungerer”. Non faltarán clásicos como “Os tres bandidos”, “Críctor”, “Adelaida” e a nova incorporación ao catálogo de KALANDRAKA, “Onde está o meu zapato?”.
Venres 17 de outubro, 18:30 horas: “Quen é ese becho?”, de Carmen Queralt, será o título que protagonizará esta sesión, coincidindo co lanzamento desta publicación de KALANDRAKA, dirixida a pre-lectores e primeiros lectores. Rematará cun obradoiro de collage que consistirá nunha proposta plástica para que os nenos e nenas poidan crear e darlle forma aos bechos que imaxinen.

Venres 31 de outubro, 18:30 horas: “O Samaín, contos de medo” é o lema da derradeira sesión do mes, dedicada a esta celebración tradicional galega. Un relato tradicional como “Tío Lobo” e un clásico como “Un pesadelo no meu armario” serán algunhas das lecturas propostas.

Podedes atopar máis información no teléfono 986 43 37 68

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...