mércores, 1 de outubro de 2014

ACTIVIDADES OUTUBRO DE ANIMACIÓN A LECTURA

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO
“OS SÁBADOS, CONTO” A partir de 3 anos, ás 12 h. na Sala Infantil
Sábado 4
:  “Non máis guerras”. Trinketrinke Teatro. Contacontos teatral. Educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos, amosar os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e  de posibles solucións. Duración: 45 min.
Sábado 11 : “Vento e chuvia”. Soledad Felloza  leva o público a un mundo imaxinario, que no seu tempo existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: o dunha mitoloxía rica e plena de deuses, ata agora case descoñecida. Duración: 60 min.
Sábado 18 : “Contacontos Dada o duende”.  Eduvia. O Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos máxicos, nos que se traballarán valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente ou o traballo en equipo. 
Duración: 50 min.
Sábado 25 : Workshops: play in english “Trick or treat?”
Story-telling: taller de contacontos e role-plays teatrais sobre Halloween: con crebacabezas,  disfraces, debuxos e adiviñanzas para reforzar o vocabulario. Duración: 60 min.
“CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA”
Martes 21
ás 18:30: ”Recursos educativos na internet para os meus fillos”. IMASV. Formación para pais na internet para ensinar os fillos a usar a web é darlles pautas e opcións útiles e atractivas. Duración: 90 min. na Sala de Audiovisuais (2º andar)
Venres 24
 ás 18:30: “Merenda con pan de millo”. Migallas Teatro. Un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado por Kalandraka. Combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Duración: 60 min.   Na Sala Infantil.
Podedes atopar máis información na Web de la Biblioteca Central de Vigo, no teléfono 986.229.074, bibli.central.vigo@xunta.esperfil en Facebook y perfil en Twitter.

ACTIVIDADES  NA LIBRERÍA LIBROS PARA SOÑAR:

Venres 10 de outubro, ás 18:30 horas. sesión de contacontos para público infantil, co lema “Contos de Tomi Ungerer”. Non faltarán clásicos como “Os tres bandidos”, “Críctor”, “Adelaida” e a nova incorporación ao catálogo de KALANDRAKA, “Onde está o meu zapato?”.
Venres 17 de outubro, 18:30 horas: “Quen é ese becho?”, de Carmen Queralt, será o título que protagonizará esta sesión, coincidindo co lanzamento desta publicación de KALANDRAKA, dirixida a pre-lectores e primeiros lectores. Rematará cun obradoiro de collage que consistirá nunha proposta plástica para que os nenos e nenas poidan crear e darlle forma aos bechos que imaxinen.

Venres 31 de outubro, 18:30 horas: “O Samaín, contos de medo” é o lema da derradeira sesión do mes, dedicada a esta celebración tradicional galega. Un relato tradicional como “Tío Lobo” e un clásico como “Un pesadelo no meu armario” serán algunhas das lecturas propostas.

Podedes atopar máis información no teléfono 986 43 37 68

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...