venres, 31 de xaneiro de 2014

SESIÓN DE CONTACONTOS EN LIBROS PARA SOÑAR!!


Os contos sobre a solidariedade, a convivencia e a cooperación ocuparán a sesión de contacontos de hoxe venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. A libraría infantil do Casco Vello vigués súmase así aos actos conmemorativos do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebrou o día 30 de xaneiro en recordo do pasamento de Mahatma Gandhi, hai 66 anos.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

MÁIS ACTIVIDADES DA BIBLIO DE CHAPELA

Estimados lectores: Con motivo da celebración do Día da Ilustración, este xoves 30 de xaneiro, convidamos a rapaces e rapazas de todas as idades (de 3 a 99 anos) a achegarse á biblioteca para facer un debuxo de algún dos seus personaxes de conto preferidos. A actividade desenvolverase durante todo o horario da biblioteca: dende as 16:30 ata as 21:00 h. Os debuxos formarán parte dun mural, que expoñeremos na sala infantil durante todo o ano. Ademáis, os participantes na actividade, recibirán un cariñoso obsequio pola súa contribución 
Podedes ver máis en: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/01/dia-da-ilustracion-na-biblioteca-de.html

CONTINUAMOS A MERCAR RECURSOS COS FONDOS DO PLAMBE!!

mércores, 15 de xaneiro de 2014

PROXECTO "OS DINOSAURIOS": LIBRIÑO E A PROFE MARIOLA EMPRÉSTANNOS LIBROS PARA DESENVOLVER O NOSO PROXECTO.

A semana pasada fomos devolver os libros de coellos á a nosa biblioteca e contámoslle á profe Mariola e a Lirbiño cal é o noso novo proxecto. 

  
Hoxe os Coelliños de cores visitamos de novo a biblio para recoller os libros de Dinosaurios que atoparon a Profe Mariola e Libriño. Están cheos de sorpresas!!!


martes, 14 de xaneiro de 2014

CONTACONTOS DE NADAL CO ANPA: MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ!!!


 

 Nela, mentres Olalla contaba as historias de "Garavanciño", os "Chivos chivóns" ou "Arthur", Marc debuxaba escenas chulísimas destes contos, que podedes ver nestas imaxes. 
Estade atentos porque a ANPA ten previsto sortear dúas destas ilustracións que fixo Marc... Moita sorte!!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...