domingo, 8 de febreiro de 2015

PROGRAMACIÓN PARA O MES DE FEBREIRO DA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR

Aquí vos deixo a programación do mes de febreiro, espero que vos animedes a participar.



A MÚSICA DE PACO NOGUEIRAS E AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO “BRINCA VAI!” CENTRAN A PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO EN LIBROS PARA SOÑAR
O músico Paco Nogueiras actuará o vindeiro venres 13 de febreiro, con motivo da festa do Entroido, na sesión de animación á lectura de LIBROS PARA SOÑAR, a partir das 18:30 horas. “O Entroido move o corpo” é o lema desta actividade e o título dunha das cancións do seu libro-disco “Brinca Vai!”, publicado por KALANDRAKA, con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais dirixidos polo artista visual José Miguel Sagüillo.
As composicións de “Brinca Vai!” son o fío condutor da programación de LIBROS PARA SOÑAR durante todo este mes de febreiro.

Tralo concerto de Paco Nogueiras, a próxima sesión será o venres día 20, dedicada aos contos sobre a amizade, a partir da canción “Apertas que voan”, de “Brinca Vai!”. O broche final desta axenda será o venres 27, que vai xirar arredor do tema titulado “Nun libro…” e incluirá historias que fomentan a fantasía, a imaxinación e a creatividade dos lectores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...