Create your own slideshow |
xoves, 28 de maio de 2015
CONTACONTOS COA FAMILIA DE NICOLÁS
O venres veu o cole a nai de Nicolás da clase das abelliñas a contarnos un conto, a historia do conto interesabanosmoito así que estivemos ven atentiños e despois fixemos unha manualidade. Mirade mirade!!!
A NOSA BIBLIOTECA SEGUE CRECENDO GRAZAS AO PLAMBE
Moitos de vos xa podestes disfrutar dalgunhas das novidades que mercamos para a biblioteca tanto na dos nenos como na de familias. Pois seguen chegando libriños que esperamos sexan do voso agrado, xa que a hora da súa elección tivemos presentes as vosas suxerencias ou as inquietudes que nos trasladades. Esperamos que vos gusten e disfrutedes moito de algo tan importante como a lectura.
mércores, 27 de maio de 2015
Tomás trouxo a súa páxina do libro viaxeiro dos remedios naturais
Tomás veu ao cole cargadiño de cousas, un dente de allo con pel, outros peladiños e troceados, para explicarnos o seu remedio natural.Este consistía en empregar o allo para quitar as verrugas. Primeiro comparamos os dous dentes de allo, poidemos tocalos, ulilos, aprendimos que varios dentes de allo forman unha cabeza. Despois machacamos os allos para facer unha pasta botámoslle un pouquiño de limón para que seña máis eficaz.E xa para rematar poñemos un pouquiño desa pasta na verruga e a tapamos.
This digital collage made with Smilebox |
xoves, 21 de maio de 2015
SESIÓN DE CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS NA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR
LIBROS PARA SOÑAR ORGANIZARÁ MAÑÁ UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS
EN LINGUA DE SIGNOS POLA INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA
“Contos signados, contos coas mans” é o lema da sesión de contacontos que se celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Asistirán a profesora da Universidade de Vigo Ana Fernández Soneira, especialista en lingua de signos, e Lucía González, que pertencen ao Grupo de Investigación en Lingua Española e Linguas Signadas (GRILES), que leva investigando neste ámbito dende 1997. Canda elas, participarán tamén as signantes Alba Puentes e Ruth Lamas, que tamén forman parte desta iniciativa académica.
martes, 19 de maio de 2015
SESIÓN DE CONTACONTOS COA FAMILIA DE XABIER DA CLASE DAS ABELLIÑAS
O venres pasado estivo no cole a nai de Xabier para compartir con nos unha sesión de contacontos, foi moi divertido escolleu dous contos "A Noite das Mudanzas" e "O Coelliño branco" e para rematar tivemos unha sorpresiña, mirade mirade!!!
Customize a slideshow design |
CONTACONTOS COA FAMILIA DE RODRIGO DA CLASE DAS ABELLIÑAS
Fai uns días estivemos acompañados pola nai de Rodrigo da clase das abelliñas, veu visitar a libriño e aos seus amigos e contounos o conto A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Pero o conto tiña sorpresa se queredes saber cal é, xa sabedes aquí vos deixo a presentación.
Make a free digital slideshow |
NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS COA NAI DE URIEL DA CLASE DE 5 ANOS
Xa fai algún tempo contamos no cole coa visita da nai de Uriel viña cargadiña de cousas para traballar un conto moi fermoso, tratase nada máis e nada menos que de "El Monstruo de colores".Non podedes nin imaxinar todo o que fixemos, iso si, xa vos digo que noS divertimos moitísimo, non me creedes? pois mirade mirade!!!
Slideshow design generated with Smilebox |
CONTACONTOS COA FAMILIA DE HÉCTOR DA CLASE DE 5 ANOS
CONTACONTOS COA FAMILIA DE LAURA
Aquí vos deixo unha nova sesión de contacontos, nesta ocasión veu o cole a nai de Laura, pasamos un rato moi divertido.
Customize a free digital slideshow |
NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS COA FAMILIA DE CAROLINA
Nesta ocasión a nai de Carolina compartiu con nos unha sesión de contos na que ademais de traballar a imaxinación fixemos cousas coas mans. Queredes saber de que se trata? pois mirade mirade!!!
Personalize your own free slideshow design
Personalize your own free slideshow design
luns, 18 de maio de 2015
CONTACONTOS COA FAMILIA DE IAGO
Fai algún tempo visitounos a familia de Iago da clase das abelliñas, viñeron a pasar con nos unha sesión de contacontos. Foi un día moi especial para Iago que estaba moi moi ledo de ter aos seus pais no cole, mirade cantos contos nos contaron!!!
Free slideshow design personalized with Smilebox |
NOVAS PÁXINAS DO LIBRO DOS REMEDIOS NATURAIS
Hoxe contamos no cole con dous expertos en remedios naturais, Tiago e Héctor de catro anos. Explicáronnos para que podemos empregar o Arnica e o Eucalipto. O arnica é esa barriña que tan ben coñecemos porque é a que lle botamos os nenos/as cando se mancan. Tiago deixounos olela e botounos un pouquiño na man para que a extendéramos e así saber como é a súa textura. Ademais de outras moitas cousas que aprendemos e que están recollidas na súa páxina do libro. Héctor recolleu os beneficios do Eucalipto explicounos que é moi bo para gripes e catarros, ademáis de un estupendo repelente de mosquitos, despois tocamos as follas de eucalipto e os seus froitos , e nun bote trouxo o repelente xa feito e poidemos comprobar que tal cheiraba.
Create your own free picture collage |
Create your own picture collage |
luns, 11 de maio de 2015
xoves, 7 de maio de 2015
NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS COA FAMILIA DE XIANA
Fai algún tempo a nai de Xiana veu ao cole a contarnos dous contos, aquí vos deixo a presentación para que vexades o ven que o pasamos.
A picture slideshow by Smilebox |
COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS
Fai algúns días a Biblioteca Xosé Neira Vilas pediunos que lle enviasemos adaptacións de contos feitas polos nenos/as do noso cole. Esta é a publicación que fixeron no seu facebook.
mércores, 6 de maio de 2015
O NOSO PADRIÑO VISITARÁ ESTE VENRES A LIBRARÍA "LIBROS PARA SOÑAR"
LIBROS PARA SOÑAR ADIÁNTASE AO DÍA DAS LETRAS GALEGAS COA VISITA ESTE VENRES DO ARTISTA VIGUÉS RAMÓN TRIGO
As actividades deste mes de maio contarán coa participación de varios colectivos da cidade O artista vigués Ramón Trigo será o invitado especial da sesión de animación á lectura que celebrará este venres, a partir das 18:30 horas, na libraría LIBROS PARA SOÑAR, co lema “As nosas letras, os nosos contos”. Adiantándose ao Día das Letras Galegas, que se conmemora a próxima semana, LIBROS PARA SOÑAR vai centrar o seu repertorio nos contos de autores galegos; entre eles, o titulado “O pirata pata de lata”, con texto do escritor de Cangas Xosé Manuel González ‘Oli’ e ilustracións de Ramón Trigo. A participación de Ramón Trigo consistirá nunha intervención artística, debuxando o personaxe deste libro publicado por KALANDRAKA hai xa 17 anos, no mesmo ano de fundación da editorial pontevedresa. Neste encontro, o ilustrador compartirá co público infantil algunhas anécdotas do seu amplo percorrido artístico, galardoado recentemente co Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración polo seu último libro, “Leviatán”.
As actividades deste mes de maio contarán coa participación de varios colectivos da cidade O artista vigués Ramón Trigo será o invitado especial da sesión de animación á lectura que celebrará este venres, a partir das 18:30 horas, na libraría LIBROS PARA SOÑAR, co lema “As nosas letras, os nosos contos”. Adiantándose ao Día das Letras Galegas, que se conmemora a próxima semana, LIBROS PARA SOÑAR vai centrar o seu repertorio nos contos de autores galegos; entre eles, o titulado “O pirata pata de lata”, con texto do escritor de Cangas Xosé Manuel González ‘Oli’ e ilustracións de Ramón Trigo. A participación de Ramón Trigo consistirá nunha intervención artística, debuxando o personaxe deste libro publicado por KALANDRAKA hai xa 17 anos, no mesmo ano de fundación da editorial pontevedresa. Neste encontro, o ilustrador compartirá co público infantil algunhas anécdotas do seu amplo percorrido artístico, galardoado recentemente co Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración polo seu último libro, “Leviatán”.
martes, 5 de maio de 2015
MÁIS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS
Seguen chegando a escola máis páxinas do fermoso libro viaxeiro dos remedios naturais, neste caso foron Alex e Alba os encargados de explicarnos para que servían as súas plantiñas. Alex touxo Melisa e aprendimos moitas cousas interesantes sobre ela como por exemplo que serve como repelente de mosquitos, que alivia a picadura das ortigas... e máis cousiñas que non vos podedes perder. Alba trouxo unha plantiña de Aloe Vera da que aprendimos que é moi boa para curar queimaduras, para a pel e poidemos tocala, olela e comparala coa plantiña de Alex para ver en que se parecen e en que son diferentes. Nuns días a plantiña de Aloe formará parte da nosa hortiña.
A picture collage by Smilebox |
This photo collage generated with Smilebox |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)