xoves, 21 de maio de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS NA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR ORGANIZARÁ MAÑÁ UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS
EN LINGUA DE SIGNOS POLA INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

“Contos signados, contos coas mans” é o lema da sesión de contacontos que se celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Asistirán a profesora da Universidade de Vigo Ana Fernández Soneira, especialista en lingua de signos, e Lucía González, que pertencen ao Grupo de Investigación en Lingua Española e Linguas Signadas (GRILES), que leva investigando neste ámbito dende 1997. Canda elas, participarán tamén as signantes Alba Puentes e Ruth Lamas, que tamén forman parte desta iniciativa académica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...