lunes, 29 de junio de 2015

O NOSO PADRIÑO RAMÓN TRIGO VAI IMPARTIR UN OBRADOIRO INFANTIL NA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR

O ilustrador vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos, sobre “Como construír un libro”. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes tomen cadansúa merenda que leven preparada da casa.
Partindo de obras da súa autoría, como “O pirata Pata de Lata“, ilustrada por Ramón Trigo e publicada por KALANDRAKA, os nenos e nenas farán un achegamento ao proceso de creación dun libro impreso: a concreción dunha idea, a estrutura do relato, os bosquexos das ilustracións, a redacción da historia e o debuxo das imaxes que acompañan o texto. Ao remate do obradoiro, os nenos e nenas poderán levar o seu traballo encadernado, como se dun libro propio se tratara, para compartilo coa familia e cos amigos.
A actividade ten por obxectivo estimular a súa imaxinación, que se manteñan activos tamén durante as vacacións estivais, e que desenvolvan as súas habilidades literarias e plásticas, ao tempo que as nais e os pais teñen unha axuda para poder conciliar a vida laboral e familiar.
Ademais de autor e ilustrador, Ramón Trigo ten experiencia impartindo obradoiros para público infantil e adulto. De formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística en xornais e revistas especializadas en banda deseñada. As súas primeiras obras pictóricas datan da década de 1980; dende entón ilustra libros para varias editoriais -algúns incluídos na selección The White Ravens- e realiza exposicións cos seus cadros e esculturas. A súa obra presentouse en países como Alemaña, Bélxica, Lituania, Italia e Portugal. Entre as distincións que recibiu destacan o Premio Arte Xove Galego, os premios de álbum ilustrado infantil Cidade de Alicante e Cabildo de Gran Canaria. O seu libro máis recente, “Leviatán“, publicado no selo Faktoría K, gañou o Premio Lazarillo 2012 e o Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración 2015 outorgado pola Asociación Galega de Editores.

O obradoiro ten un custe de 30 euros polos tres días e as prazas son limitadas. As inscricións pódense formalizar en LIBROS PARA SOÑAR (rúa Triunfo 1, Vigo) por teléfono no número 986 43 37 68 ou por correo electrónico no enderezo lps@kalandraka.com.


miércoles, 17 de junio de 2015

LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS



Comezamos este proxecto con moita ilusión e moitas ganas, a profe Chus e a profe Marta déronlle moitas voltas antes de poñelo a andar, Tegriña e máis Libriño daban chimpos de ledicia pensando no resultado final. No medio houbo algúns atrancos, pero tamén moitas anécdotas e ilusións compartidas, os nenos e nenas eses grandes magos fixeron posible que cada luns aprenderamos cousas novas, puidesemos compartir sabiduria, facer comparacións, diferenciar olores e incluso sabores, que a nosa horta crecese coas vosas aportacións e as nosas mochilas se enchesen de agasallos. Comezamos coa albahaca, e continuamos coa  aloe vera, xarope de cenoria e mel, árnica, melisa, eucalipto, lavanda, ruda, romero, menta, celidonea, o allo, a herba luisa, xarope de mel e limón, clorofila e que mellor maneira de rematar que cun QUÉRO T VERDE como o que tomamos... Pois ben todo isto non sería posible sen a vosa colaboración . GRACIÑAS FAMILIAS!!!!





    





AGORA XA TEMOS COMPLETO O NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

André trouxo ao cole a súa páxina do libro viaxeiro dos remedios naturais. Escolleu a clorofila e explicounos que a teñen todas as plantas verdes, falounos da fotosíntese que realizan as plantas e o beneficioso que é para ter unha pel luminosa tomar clorofila, ademais de que nos axuda a facer mellor a dixestión e boa para eliminar toxinas, para protexer o estómago.Tamén nos dixo que as persoas que a toman teñen unha boca moi moi limpa. Pero o mellor estaba por chegar puidemos probar infusión de té verde que é unha das plantas que aporta clorofila, así como as espinacas o brocoli etc. A todos nos encantou a infusión.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Another free picture collage by Smilebox

lunes, 15 de junio de 2015

DERRADEIRAS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Hoxe foi un día moi intenso, ademais de explicarnos Esther o seu remedio tamén o fixeron Nora e Anxo. Nora escolleu a celidonia que é unha planta que crece xeralmente nos muros e que serve para tratar as afeccións da pel. Cando a botamos na pel ten unha cor amarela pero co paso do tempo escurese. Todos quixemos levar unha pintiña amarela na nosa man e así poder vela e ensinarlla as nosas familias.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This collage customized with Smilebox

A continuación de Nora chegou o turno de Anxo que nos explicou outra propiedade do eucalipto que non coñecíamos. Resulta que tamén é moi boa por non dicir case milagrosa  para curar úlceras, rozaduras ou as ronchas que lle saen os alerxicos aos metais.. Temos que ferver un par de ramas de eucalipto abundantes nunha tarteira con auga e deixala ferver durante media hora ou máis e logo limpar a ferida cunha gasa mollada nese líquido para poder volver a usar a infusión o día seguinte pódese volver a ferver.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Picture collage personalized with Smilebox

XA TEMOS UNHA PÁXINA MÁIS DO NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Hoxe na escola disfrutamos doutra sesión do libro viaxeiro dos remedios naturais. Nesta ocasión foi Esther da clase dos coelliños de cores quen explicou o seu remedio natural que consistía nun xarope de limón e mel. Explicounos que é moi bo para curar a dor de garganta e todos os pasos que debemos seguir para poder elaboralo.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize your own picture collage

miércoles, 10 de junio de 2015

REMATAN OS CONTACONTOS EN FAMILIA

Libriño está un pouco triste estes días, sabe que as vacacións están petando na porta da biblioteca e que dentro de moi moi pouco os corredores da escola estarán baleiros, non se escoitarán as voces dos nenos e nenas que tantas veces o acompañan.De súpeto lembrou que tampouco virán, por este curso escolar, máis familias a contar contos, pero xa está agardando cheo de ilusíón as visitas do próximo.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR E FACER SORRIR E SOÑAR COS VOSOS CONTOS OS NENOS E NENAS!!!!




lunes, 8 de junio de 2015

CONTACONTOS COA FAMILIA DE ANTÍA

O pasado venres contamos coa visita dunha nova familia para a sesión de contacontos, tratábase da familia de Antía da clase das abelliñas. Mirade que ben o pasamos!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox

MÁIS E MÁIS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Menuda sorpresa dous nenos da clase escolleron o Romero, así que hoxe aprendemos un montón de cousiñas sobre esta planta grazas a Elena e a Roi. Comezou Elena explicándonos o nome científico do Romero, onde crece, como son as súas follas e a cor das súas flores, a que familia pertencen e canto pode chegar a medir esta planta. Ademáis de como recolectalas, secalas e onde se deben gardar.
a
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Free photo collage personalized with Smilebox

A continuación chegou o turno de Roi co que repasamos como eran as follas e flores do Romero, as diferenzas entre o Romero silvestre e o outro. Contounos cales son os beneficios do Romero entre os que están favorecer a dixestión, eliminar os gases, aliviar a dor de cabeza, mellorar a memoria e a concentración, combater a caspa e a caído do cabelo, e algúns máis que podedes ver na presentación. Pola contra dixonos que as persoas que están embarazadas non a poden empregar nin aquelas persoas que teñen gastroenteritis. Ademáis explicounos que se podía facer un té de Romero   que el e a súa familia fixeron e puidemos ulir, que tamén se pode facer alcohol de Romero e diíxonos como tiñamos que facer. Fixo tamén un ambientador o cal trouxo o cole e perfumamos a biblioteca con el (empregando un queimador ) porque nos contou que perfumar as casas polo nadal trae sorte. E aínda que o nadal xa pasou non quixemos perder a ocasión. Investigou para que outras cousas se emprega como por exemplo a hora de cociñar, como perfume para o fogar e na cosmética para rexenerar a pel. E como curisidade dixonos que os Belgas din que aos bebés non os trae a cegoña senón que aparecen nunha mata de Romeo e moitas cousiñas máis  que xa sabedes onde podedes velas. Para rematar agasallounos a todos cunha ramiña de Romero.                                                                                


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize your own collage

NOVA PÁXINA DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Como cada luns chegou a hora de explicar as novas páxinas que van chegando dos remedios naturais, nesta ocasión tocoulle o turno a Xoán que nos explicou para que serve a Ruda. Aprendemos que serve para cando non somos quen de ir ao baño, para mellorar as dixestións, para aliviar a dor de cabeza... e que as súas propiedades mediciñais están nas follas por iso temos que facer unha infusión e tomala despois das comidas.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize a free picture collage

viernes, 5 de junio de 2015

ALEX E TOMÁS, PROFES POR UN DÍA COS SEUS LIBROS DE CABALOS.

SEGUIMOS APRENDENDO UNHA CHEA DE COUSAS CO NOSO PROXECTO "CABALOS E PONIS", GRAZAS A ESTES PROFES TAN XENIAIS!!! GRACIÑAS CHICOS POR COMPARTIR OS VOSOS LIBROS E COÑECEMENTOS.





jueves, 4 de junio de 2015

OUTRA PÁXINA DO NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Carolina veu cargadiña de cousas para colaborar co libro viaxeiro dos remedios naturais, trouxo dúas plantas ao cole unha de aloe vera e unha de lavanda.  Xa están plantadas na nosa hortiña como as outras que nos trouxestes. Puidemos comparar a súa cor, a súa forma, olelas e lembrar se xa as traballaramos antes no cole.
O remedio natural que escolleu Carolina e a súa familia consistiu en elaborar un xabón co que logo agasallou a cada un dos seus compañeiros e compañeiras. Explicounos moi ben cales son os pasos que temos que facer para conseguilo e que é preciso contar coa axuda dunha persona adulta.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This digital collage personalized with Smilebox

O LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS MEDRA SEMANA A SEMANA

Este luns os coelliños aprendemos varios remedios naturais. Abraham adicou a súa páxina a herba Luisa que e moi boa como din as nosas avoas para a dor de barriga, así que aprendemos como temos que facer para preparar unha infusión desta planta.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize your own free picture collage
Tamén Lucía trouxo a súa aportación para o noso libro dos remedios naturais, neste caso escolleu a menta que ademáis de ser empregada na cociña serve para eliminar os mocos e para aliviar as queimaduras do sol, así que xa sabedes agora que o verán está pretiño e bo ter cerca esta planta.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
A free picture collage by Smilebox

TALLER NA CASA DO LIBRO





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...