xoves, 28 de maio de 2015

CONTACONTOS COA FAMILIA DE NICOLÁS

O venres veu o cole a nai de Nicolás da clase das abelliñas a contarnos un conto, a historia do conto interesabanosmoito así que estivemos ven atentiños e despois fixemos unha manualidade. Mirade mirade!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own slideshow

A NOSA BIBLIOTECA SEGUE CRECENDO GRAZAS AO PLAMBE

Moitos de vos xa podestes disfrutar dalgunhas das novidades que mercamos para a biblioteca tanto na dos nenos como na de familias. Pois seguen chegando libriños que esperamos sexan do voso agrado,   xa que a hora da súa elección tivemos presentes as vosas suxerencias ou as inquietudes que nos            trasladades. Esperamos que vos gusten e disfrutedes moito de algo tan importante como a lectura.         




mércores, 27 de maio de 2015

Tomás trouxo a súa páxina do libro viaxeiro dos remedios naturais

Tomás veu ao cole cargadiño de cousas, un dente de allo con pel, outros peladiños e troceados, para explicarnos o seu remedio natural.Este consistía en empregar o allo para quitar as verrugas. Primeiro comparamos os dous dentes de allo, poidemos tocalos, ulilos, aprendimos que varios dentes de allo forman unha cabeza. Despois machacamos os allos para facer unha pasta botámoslle un pouquiño de limón para que seña máis eficaz.E xa para rematar poñemos un pouquiño desa pasta na verruga e a tapamos.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This digital collage made with Smilebox

Contacontos na libraría Andel

xoves, 21 de maio de 2015

CONTADA INFANTIL NA LIBRARÍA ANDEL


SESIÓN DE CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS NA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR ORGANIZARÁ MAÑÁ UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS
EN LINGUA DE SIGNOS POLA INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA

“Contos signados, contos coas mans” é o lema da sesión de contacontos que se celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Asistirán a profesora da Universidade de Vigo Ana Fernández Soneira, especialista en lingua de signos, e Lucía González, que pertencen ao Grupo de Investigación en Lingua Española e Linguas Signadas (GRILES), que leva investigando neste ámbito dende 1997. Canda elas, participarán tamén as signantes Alba Puentes e Ruth Lamas, que tamén forman parte desta iniciativa académica.

martes, 19 de maio de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS COA FAMILIA DE XABIER DA CLASE DAS ABELLIÑAS

O venres pasado estivo no cole a nai de Xabier para compartir con nos unha sesión de contacontos, foi moi divertido escolleu dous contos "A Noite das Mudanzas" e "O Coelliño branco" e para rematar tivemos unha sorpresiña, mirade mirade!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design

CONTACONTOS COA FAMILIA DE RODRIGO DA CLASE DAS ABELLIÑAS

Fai uns días estivemos acompañados pola nai de Rodrigo da clase das abelliñas, veu visitar a libriño e aos seus amigos e contounos o conto A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Pero o conto tiña sorpresa se queredes saber cal é,  xa sabedes aquí vos deixo a presentación.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free digital slideshow

NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS COA NAI DE URIEL DA CLASE DE 5 ANOS

Xa fai algún tempo contamos no cole coa visita da nai de Uriel viña cargadiña de cousas para traballar un conto moi fermoso, tratase nada máis e nada menos que de "El  Monstruo de colores".Non podedes nin imaxinar todo o que fixemos, iso si,  xa vos digo que noS divertimos moitísimo, non me creedes? pois mirade mirade!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design generated with Smilebox

CONTACONTOS COA FAMILIA DE HÉCTOR DA CLASE DE 5 ANOS

Os nenos e nenas da clase de cinco anos tivemos fai uns días unha sesión de contacontos coa nai de Héctor, pasámolo REQUETEBEN!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow generated with Smilebox

CONTACONTOS COA FAMILIA DE LAURA

Aquí vos deixo unha nova sesión de contacontos, nesta ocasión veu o cole a nai de Laura, pasamos un rato moi divertido.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free digital slideshow

NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS COA FAMILIA DE CAROLINA

Nesta ocasión a nai de Carolina compartiu con nos unha sesión de contos na que ademais de traballar a imaxinación fixemos cousas coas mans. Queredes saber de que se trata? pois mirade mirade!!!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own free slideshow design

luns, 18 de maio de 2015

CONTACONTOS COA FAMILIA DE IAGO

Fai algún tempo visitounos a familia de Iago da clase das abelliñas, viñeron a pasar con nos unha sesión de contacontos. Foi un día moi especial para Iago que estaba moi moi ledo de ter aos seus pais no cole, mirade cantos contos nos contaron!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design personalized with Smilebox

NOVAS PÁXINAS DO LIBRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Hoxe contamos no cole con dous expertos en remedios naturais, Tiago e Héctor de catro anos. Explicáronnos para que podemos empregar o Arnica e o Eucalipto. O arnica é esa barriña que tan ben coñecemos porque é a que lle botamos os nenos/as cando se mancan.  Tiago deixounos olela e botounos un pouquiño na man para que a extendéramos e así saber como é a súa textura. Ademais de outras moitas cousas que aprendemos e que están recollidas na súa páxina do libro. Héctor recolleu os beneficios do Eucalipto explicounos que é moi bo para gripes e catarros, ademáis de un estupendo repelente de mosquitos, despois tocamos as follas de eucalipto e os seus froitos , e nun bote trouxo o repelente xa feito e poidemos comprobar que tal cheiraba.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Create your own free picture collage



Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Create your own picture collage

xoves, 7 de maio de 2015

NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS COA FAMILIA DE XIANA

Fai algún tempo a nai de Xiana veu ao cole a contarnos dous contos, aquí vos deixo a presentación para que vexades o ven que o pasamos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A picture slideshow by Smilebox

COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

Fai algúns días a Biblioteca Xosé Neira Vilas pediunos que lle enviasemos adaptacións de contos feitas polos nenos/as do noso cole. Esta é a publicación que fixeron no seu facebook.


PROGRAMACIÓN MES DE MAIO DA LIBRARÍA "LIBROS PARA SOÑAR"

mércores, 6 de maio de 2015

O NOSO PADRIÑO VISITARÁ ESTE VENRES A LIBRARÍA "LIBROS PARA SOÑAR"

LIBROS PARA SOÑAR ADIÁNTASE AO DÍA DAS LETRAS GALEGAS COA VISITA ESTE VENRES DO ARTISTA VIGUÉS RAMÓN TRIGO

 As actividades deste mes de maio contarán coa participación de varios colectivos da cidade O artista vigués Ramón Trigo será o invitado especial da sesión de animación á lectura que celebrará este venres, a partir das 18:30 horas, na libraría LIBROS PARA SOÑAR, co lema “As nosas letras, os nosos contos”. Adiantándose ao Día das Letras Galegas, que se conmemora a próxima semana, LIBROS PARA SOÑAR vai centrar o seu repertorio nos contos de autores galegos; entre eles, o titulado “O pirata pata de lata”, con texto do escritor de Cangas Xosé Manuel González ‘Oli’ e ilustracións de Ramón Trigo. A participación de Ramón Trigo consistirá nunha intervención artística, debuxando o personaxe deste libro publicado por KALANDRAKA hai xa 17 anos, no mesmo ano de fundación da editorial pontevedresa. Neste encontro, o ilustrador compartirá co público infantil algunhas anécdotas do seu amplo percorrido artístico, galardoado recentemente co Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración polo seu último libro, “Leviatán”.



 

martes, 5 de maio de 2015

MÁIS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Seguen chegando a escola máis páxinas do fermoso libro viaxeiro dos remedios naturais, neste caso foron Alex e Alba os encargados de explicarnos para que servían as súas plantiñas. Alex touxo Melisa e aprendimos moitas cousas interesantes sobre ela como por exemplo que serve como repelente de mosquitos, que alivia a picadura das ortigas... e máis cousiñas que non vos podedes perder. Alba trouxo unha plantiña de Aloe Vera da que aprendimos que é moi boa para curar queimaduras, para a pel e  poidemos tocala, olela e comparala coa plantiña de Alex para ver en que se parecen e en que son diferentes. Nuns días a plantiña de Aloe formará parte da nosa hortiña.


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
A picture collage by Smilebox



Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This photo collage generated with Smilebox
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...