mércores, 7 de decembro de 2016

CONTACONTOS EN FAMILIA COA FAMILIA DE MAURO!!!!

 A familia de Mauro visitounos para participar nos contacontos en familia, co conto "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS".
Tivemos un contacontos principal de luxo, que foi o seu irmán Manuel e que ben o fixo!!! Pero tamén colaboraron con pequenas intervencións a nai Susi, o pai Manuel e o noso amigo Mauro. Estivemos moi atentos porque o conto falaba do que temos que facer a noite que van vir os reis, para que nos deixen os agasallos que lles imos pedir.



Tamén, gustounos moito a canción que cantaba Martiño, soñando co tren que tanto desexaba e lle trouxeron os reis: o tren de Martiño chu chu chu, vai polo camiño, chu chu, chu... e o carbón que trouxo Manu o irmán de Mauro.
Como nos portamos tan ben, tivemos un agasallo un selo dun peixiño. E como eles foron uns contacontos xeniais, tiveron unha chea de agasallos...unha chuvia de bicos e unhas pinturas de cores para compartir. Graciñas por colaborar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...