martes, 31 de enero de 2017

Un contacontos moooi especial!

Comba, a súa nai Anair e o séu pai, Noli estiveron na aula para facer unha sesión de Contacontos...e a verdade é que foi taan chula que aínda días despois seguimos a falar de todo o que traballamos na sesión e a cantar as cancións que aprendemos!
Os dedos da man xa non se nos van a esquecer! e tampouco cando logo falamos deles e aprendemos que os dos pes chámnse...dedas! A tenra paxariña de papel e os animáis do zoo que sabían os nosos nomes...para non esquecer tampouco!
E "todos facemos todo, todas facemos todo"...encantóunos a rabiar! seguimos a cantar a fermosa canción que Noli e Anair nos ensinaron xunto có libro cheíño de persoaxes!
Comba foi máis que unha axudanta ...unha "cuasi profesional" e Anair e Noli, que o son, levan xa moito tempo e adicación ao fermoso asunto dos Contos, do fomento da lectura e a música e todo o mundo máxico e especial que ao seu redor temos, agardando por nós...Grazas mil e desexando xa ter unha nova visitiña vosa sempre que vos sexa doado!!

jueves, 19 de enero de 2017

MAURO, EZEQUIEL, NEIZAN E O CONTO DE..."LOS 3 CERDITOS".

Estes días tivemos diferentes versións deste famoso conto. Nelas os porquiños empregan cousas diferentes para facer as súas casas. E o lobo ás veces se disfraza e ás veces non. Despóis de moito falar, parece que o lobo non aprende a lección e volve para tentar comer aos porquiños, un día e outro día e outro día...

Comezamos coa sesión de contacontos de Ezequiel, que tamén trouxo o audio-conto e así poidemos escoitar de verdade a voz dos porquiños e do lobo, como sopraba e o ruído de como se destrozaban as casas!!!



Seguimos coa sesión de Neizan e o pequeno conto dos 3 porquiños. Neste conto pensamos que o lobo comera de verdade aos dous porquiños pequenos. Foi porque nunha páxina tiña a barriga moi gorda, pero pronto alguén dixo que era porque estaba chea de aire para soprar. Que susto!!! 
Nesta ocasión, ao final do conto, tivemos una agasallo de Neizan. Mirade que lapiceros con cabeciña de porquiño máis chulos fixo coa súa nai. Gústalle moito facer manualidades na casa e sempre pensa nos seus amigos e amigas do cole, que lle deron as gracias e unha chea de bicos e apertas.




E rematamos coa sesión de Mauro, que trouxo de axudante ao irmán de Pepa Pig. O seu conto estaba cheo de sorpresas e puidemos ver e tocas de verdade a palla, os paus, as pedras das casas dos porquiños. Tamén, a pel dos porquiños e a do lobo!!!


viernes, 13 de enero de 2017

O lúns 10 de Xaneiro, estivo a nai de MIA contandonos un conto os nenos de 3. Que ben o pasamos coas letras e os poemas. GRAZAS

 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...