Estes días tivemos diferentes versións
deste famoso conto. Nelas os porquiños empregan cousas diferentes para facer as
súas casas. E o lobo ás veces se disfraza e ás veces non. Despóis de moito falar,
parece que o lobo non aprende a lección e volve para tentar comer aos
porquiños, un día e outro día e outro día...
Comezamos coa sesión de contacontos de Ezequiel,
que tamén trouxo o audio-conto e así poidemos escoitar de verdade a voz dos
porquiños e do lobo, como sopraba e o ruído de como se destrozaban as casas!!!
Seguimos coa sesión de Neizan e o pequeno conto dos 3 porquiños.
Neste conto pensamos que o lobo comera de verdade aos dous porquiños pequenos.
Foi porque nunha páxina tiña a barriga moi gorda, pero pronto alguén dixo que
era porque estaba chea de aire para soprar. Que susto!!!
Nesta ocasión, ao
final do conto, tivemos una agasallo de Neizan. Mirade que lapiceros con
cabeciña de porquiño máis chulos fixo coa súa nai. Gústalle moito facer
manualidades na casa e sempre pensa nos seus amigos e amigas do cole, que lle
deron as gracias e unha chea de bicos e apertas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario