sábado, 4 de febreiro de 2017

CONTOS POLA PAZ CO ALUMNADO DO IES "A GUÍA", EN ÁRABE, WÓLOF E RUMANO.


O noso mundo está cheo de tantas persoas diferentes!!! 
Temos que apreoveitar esa diferenza para enriquecernos, sen medo. Porque coñecer axuda a respectar, valorar, facer amigos e medrar. Nos tivemos nesta "semana da PAZ" esa posibilidade, grazas aos contos e a alumnado de 2º de Bacharelato do IES "A Guía". Xuntos compartimos unhas sesións de contacontos moi especiais. Nelas escoitamos aos nosos amigos e amigas maiores, falar no seu idioma natal, que non é o noso. E aínda que non estendiamos "Nin papa", sonaban moi bonitos. Por iso, esta amizade continuará e compartiremos máis aventuras xuntos.    

Na aula dos coelliños, escoitaron en rumano o conto titulado ¡VAYA BESO!. Porque necesitamos bicos para vivir e ser felices, e neste conto hai bicos para todos e todas.




Na aula das ras, escoitaron en wólof, un dialecto senegales, o conto titulado "EL ZORRO HACE AMIGOS". Os amigos e amigas son imprescidibles nas nosas vidas e neste conto aprendemos a "Construír amigos e amigas". Porque aínda que pareza mentira, se pode facer.



Na aula das abelliñas, escoitaron en árabe o conto titulado : ¿DE QUÉ COLOR ES UN BESO?. Nel descubrimos que os bicos esconden emocións e por iso, poden ser de moitas cores, de calquera cor. E despóis estiveron xogando coas cores para aprender o seu nome en galego, castelán, árabe e lingua de signos, grazas aos nenos que van a esa actividade escolar. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...