xoves, 23 de febreiro de 2017
A qué sabe a Lúa?
A min me soubo a mil cousas ricas: menuda sesión contacontos "pirata de luxe" tivemos na aula das Rás grazas a Inés, a mami de Hugo!!!
Foi como se estivesemos dentro do conto, porque nos fixo pensar, morder, falar, adiviñar...e de premio unha chea de sorpresas: ata un cofre de pirata enchidiño de tesouros que sabían...ummmh! Hugo foi un axudante moi especial que ademáis tamén repartíu parches e todo!
Grazas mil Inés! e que teñas boa viaxe no teu barco pirata!
luns, 20 de febreiro de 2017
PEQUENOS CONTACONTOS CON NEIZAN "NICOLASA, NICOLASO Y LOS CINCO CERDITOS"
Que conto máis chulo nos trouxo Neizan. E que ven nos falou do que lles pasaba aos cinco porquiños e porquiñas cos seus pais, Narciso e Narcisa. Tamén nos contou como os coidaban e onde os levaban, como a nos a nosa nai, a avóa, etc. Foi un contacontos xenial!!!
mércores, 15 de febreiro de 2017
CONTACONTOS COA FAMILIA DE MAURO E UNS CONTOS DA GRANXA!!!
Hai uns días estiveron na clase dos coelliños o pai e a nai de Mauro cunha chea de contos chulíísimos. Todos falaban de animais que podemos encontrar nunha granxa e estivemos moi atentos.
Primeiro Susi, a nai de Mauro contóunos o conto de "Cocorico".
Despois, Manuel o pai de Mauro contóunos o conto de "A vaca que puxo un ovo".
E rematou Susi, cun conto da granxa que tiña sons que fan os animais.
Foron uns contacontos tan bos. Gracias familia!!!
Primeiro Susi, a nai de Mauro contóunos o conto de "Cocorico".
Despois, Manuel o pai de Mauro contóunos o conto de "A vaca que puxo un ovo".
Foron uns contacontos tan bos. Gracias familia!!!
luns, 6 de febreiro de 2017
MÍA EN PEQUENOSCONTACONTOS CON: "YO VOY A LA GRANJA"
Mía levounos a dar un paseo pola granxa e coñecimos a unha chea de animais, nenos e nenas que resultaron ser amigos e amigas dos porquiños!!! Foi unha contacontos xenial!!
E agora... teremos que averiguar a que xogan entre eles na granxa.
E agora... teremos que averiguar a que xogan entre eles na granxa.
sábado, 4 de febreiro de 2017
LARA E O SEU PAI MARCO, CONTÁRONNOS UN CONTO EN ALEMÁN.
Unha sesión especial, emotiva e divertida con
este conto titulado "MUSS MAL PIPI", algo asi como, "que me
mexo!!". Nel un neno coñece a través de diferentes persoas, que hai un
código diferente para mexar, segundo os lugares nos que o fagas. Nalgún tes que
sentarte, noutros facelo de pé, noutros poñer papel para non mancharte, etc.
Menudo lío!!! Foron uns contacontos xeniais. Mil grazas.
CONTOS POLA PAZ CO ALUMNADO DO IES "A GUÍA", EN ÁRABE, WÓLOF E RUMANO.
O noso mundo está cheo
de tantas persoas diferentes!!!
Temos que apreoveitar
esa diferenza para enriquecernos, sen medo. Porque coñecer axuda a respectar,
valorar, facer amigos e medrar. Nos tivemos nesta "semana da PAZ" esa
posibilidade, grazas aos contos e a alumnado de 2º de Bacharelato do IES
"A Guía". Xuntos compartimos unhas sesións de contacontos moi
especiais. Nelas escoitamos aos nosos amigos e amigas maiores, falar no seu
idioma natal, que non é o noso. E aínda que non estendiamos "Nin
papa", sonaban moi bonitos. Por iso, esta amizade continuará e
compartiremos máis aventuras xuntos.
Na aula dos coelliños,
escoitaron en rumano o conto titulado ¡VAYA BESO!. Porque necesitamos bicos
para vivir e ser felices, e neste conto hai bicos para todos e todas.
Na aula das ras,
escoitaron en wólof, un dialecto senegales, o conto titulado "EL ZORRO
HACE AMIGOS". Os amigos e amigas son imprescidibles nas nosas vidas e
neste conto aprendemos a "Construír amigos e amigas". Porque aínda
que pareza mentira, se pode facer.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)