venres, 20 de abril de 2018

O NOVO LIBRO DOS COELLIÑOS E COELLIÑAS TITÚLASE "HOTEL MEDO".

Seguimos coa editorial aberta. Imaxinando, pensando como facer eso que imaxinamos, construindo e gozando do resultado. Comezamos escollendo un dos temas que quixeron para facer os libros, que foron: dinosaurios, animais, palabras, países e medo. O que dedicidon foi facer un de medo, parecido á película do Hotel Transylvania. E iso fixemos, un hotel cheo de habitacións. Alí atopamos xente maléfica, terrorífica e todos e todas, fan cousas horribles aos que chaman á súa porta.
de novo, un traballo moi completo onde pesamos,chegamos a acordos, escollemos personaxe, debuxamos, coloreamos, recortamos, escribimos, numeramos, compoñemos, ordenamos, encuadernamos. Unha chea de actividades cun fin común, un libro de todos e todas, para todos e todas.












Logo tivemos unha sesión de contacontos para divertirnos co que fixemos e ver o ben que nos quedou. Realmente uns  artistas!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...