mércores, 2 de maio de 2018

XA FIXEMOS OUTRO LIBRO TITULADO "ANIMALARIO"


Nesta ocasión xuntamos algunhas preferencias que tiñamos, para facer varios libros nun solo. Porque querían facer un libro de animais do mar, outro do deserto, outro da selva, etc. E despois de falar, pensamos que era máis doado facar un de animais en xeral. E decidimos empregar o abecedario dao armario para pensar nun animal con cada letra.
Con algunas letras era un pouco difícil. Por iso tivemos que buscar en internet e así, coñecimos outros animais e os seus nomes un tanto raros. 
E xogamos un pouco a facer o animal!!! Comezamos o libro picando cada un dúas letras, porque eran moitas.E copiamos e repasamos, os debuxos de dous animais que eleximos. A profe, alucinada, porque o fixeron xenial!!!












Logo, coloreamos os debuxos e pegamos as letras nunha cartolina amarela, porque quixemos facer o libro de follas amarelas.Fixemos a portada e contraportada. E atentos a cando aparecía a letra dos nosos animais, gardando a quenda, fomos pegando cada animal na súa folla.



E xa por último, co animalario encadernado, velo e xogar con el. Contando historias dos seus animais. facendo dos animais que aparecían cando abría o libro ao chou. E tamén, xogamos ás adiviñas. Tentando adiviñar a letra polo tacto. E tentando lembrar cal era o seu animal. 



Un traballo moi duro o de crear un libro, pero moi gratificante aprender e descubrir a cantas cousas podemos xogar con el. E agora xa está na nosa biblio da aula para seguir xogando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...