A nosa Biblio!

Na biblioteca "Ramón Trigo" contamos cunha serie de recursos e servizos para uso da comunidade educativa.

Facemos préstamos ás familias de libros de diferentes temáticas, clasificados por cores: amarelo para contos infantís, vermello para contos con sorpresa, azul para libros de investigación, rosa para libros en inglés e laranxa para libros de adultos.

Ademáis, cada semana dous nenos de cada aula levan a mochila viaxeira, con contos en galego e castelán, libros de poemas, libros para investigar e descubrir, audiovisuais, música...

Ao longo do curso realizamos diferentes contacontos nos que participan un Centro de Día e un IES próximos, asi como as propias familias que veñen á escola a contar contos marabillosos.

Este ano comezamos cun novo proxecto chamado "LIBRIÑOS AVENTUREIROS", que consiste nun intercambio de libros entre familias, que deixan aqueles que xa non queren e cambian por outros que traen outras familias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...